Home O Morrazo Marín Un Stock Marín 100% local para apoiar ao noso comercio

Un Stock Marín 100% local para apoiar ao noso comercio

- Anuncio -

A feira de oportunidades celebrarase esta fin de semana na Alameda, con 23 carpas ocupadas por establecementos da vila que ofrecerán os seus produtos con descontos de ata o 60%.

A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña; a presidenta de Estrela de Marín, Isabel Torres e o seu xerente, Yonathan Carreira, pecharon esta mañá os últimos detalles da II Edición de Stock Marín, do que xa se comezaron colocar as primeiras carpas.

Esta feira de saldos celebrarase os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto na Alameda, cumprindo con todas as normativas sanitarias e garantindo postos individuais para cada comercio.

En total, son 23 as carpas que se colocarán, 15 de 5,5 metros e 8 de 3,3 metros, ocupados na súa totalidade por comercios da nosa vila. “Esta alta ocupación por parte dos comercios da nosa vila é unha boa nova porque demostra que este tipo de iniciativas son boas”, explicou Acuña.

Os establecementos ofrecerán para o público prezos moi bos, chegando a acadar descontos do 60%, con produtos relacionados con sectores da moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado de adultos e infantil, deporte, xoiaría e bisutería, informática, alimentación, papelaría, material escolar, xoguetería e perfumería.

O horario do evento será de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas con entrada gratuita. Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara será obrigatorio en todo momento. Ademais, crearanse fluxos de entrada e de saída e haberá a disposicións dos visitantes xel hidroalcohólico.

Desde Estrela aseguran que este evento “será unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da pandemia”, unha idea que comparte a concelleira, que por iso cre “imprescindible computar esta axuda económica dentro do noso Plan de Reactivación Local”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas