HomeBaixo MiñoA GuardaUn torneo de billar solidario recolle xoguetes para as familias máis necesitadas...

Un torneo de billar solidario recolle xoguetes para as familias máis necesitadas da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • A inscrición será un xoguete e tamén hai habilitados puntos de recollida para que calquera poda doar

O Concello da Guarda e o Club de Billar A Guarda únense nestas datas tan especiais pola solidariedade coas persoas máis necesitadas.

Por iso, organízase para o próximo domingo 14 de decembro un torneo de billar solidario. A inscrición pode facerse a través do teléfono 604 05 49 48 e consistirá na doazón dun xoguete. Haberá un máximo de 16 xogadores.

Para todas aquelas persoas que queiran doar xoguetes, habilitáronse diferentes puntos colaboradores: os bares O Pescador e O Xardín, a copistería Quisqueya, en Finetwork e na planta baixa do Concello da Guarda.

“É unha iniciativa moi bonita, que demostra que o deporte tamén serve para impulsar a solidariedade da vila”, afirma o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

Todos os xoguetes que se recollan destinaranse a asuntos sociais do Concello para que a súa distribución entre as familias máis necesitadas.

Publicacións Relacionadas