Home Pontevedra O Salnés Un total de 17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo vanse beneficiar xa...

Un total de 17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo vanse beneficiar xa das axudas para acondicionar as súas terrazas ou vender a domicilio

- Anuncio -

No conxunto da provincia de Pontevedra, son 318 os locais que xa se van poder acoller a esta orde de axudas, cun investimento mobilizado de 2,9M€

Un total de 17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo vanse beneficiar xa das axudas da Xunta para o acondicionamento de espazos exteriores e para os servizos de vendas a domicilio ou para levar, cunha axuda de case 197.000 euros. Así llo trasladou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, ao alcalde do municipio, Telmo Martín, nunha xuntanza que ambos os dous mantiveron esta semana.

Esta orde de apoios contribúe a que o sector da hostalería poida desenvolver a súa actividade coa máxima seguridade, no marco das medidas de protección da saúde ante a covid-19. De feito, a Xunta vén de de reforzar de 3 a 11 millóns de euros o orzamento destinado a este programa para dar resposta á enorme demanda e interese que ten espertado no sector, un dos máis afectados no actual contexto económico. No conxunto da provincia de Pontevedra, son 318 os locais que xa sen van poder acoller a esta orde de axudas, cun investimento mobilizado de 2,9 millóns de euros.

Con apoios do 80 por cento do investimento realizado, esta liña ofrece axudas directas a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, desde un mínimo de 1500 euros dos gastos ata un máximo de 25.000. Ademais, inclúe a achega de anticipos pola metade da contía. O investimento medio dos establecementos beneficiarios ata o momento é de 9000 euros, e a axuda media de máis de 7000.

Na xuntanza, o vicepresidente económico e o alcalde de Sanxenxo tamén abordaron o impacto no municipio doutras liñas de axudas postas en marcha pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Entre elas, as destinadas á dixitalización do comercio, outro dos sectores que está a ser máis castigado polo efecto da pandemia, e que mobilizaron no concello 2,9 millóns de euros. Tamén, as que van dirixidas a fomentar a eficiencia enerxética en concellos, empresas e particulares, cun investimento público-privado mobilizado de 3,3 millóns de euros. E os catro espazos coworking que a Xunta apoiou ata o momento na comarca do Salnés, nos que se maduraron 82 proxectos empresariais e que favoreceron a creación de case medio cento de postos de traballo.

Por outra banda, ao ser Sanxenxo Concello Emprendedor, Conde e Telmo Martín tiveron ocasión de conversar sobre as vantaxes que ofrece a nova Lei de simplificación administrativa de apoio á reactivación económica en materia de tramitación e iniciativas empresariais prioritarias.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

Publicacións Relacionadas