Un total de 4.585 persoas foron atendidas pola oficina de turismo de Oia durante a campaña de verán desde ano 2024, que se desenvolveu desde o 8 de xuño ata o 8 de setembro. Na tempada destacou especialmente a demanda do servizo por parte de peregrinos, os cales supuxeron un total de 2.862 persoas, mentres que os turistas foron un total de 1.723.
Con estes datos, que confirman as tendencias rexistradas en anteriores veráns, Oia reafirma a súa posición como punto de referencia no Camiño Portugués da Costa.
En canto aos lugares de orixe das personas usuarias da oficina de información turística do Arrabal (Praza Centinela), son maioría as chegadas desde outros países. Así, entre os principais lugares de orixe destacan Portugal, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Polonia e Inglaterra. No que atinxe ao territorio español, os principais lugares de procedencia foron Madrid, outros puntos de Galicia, País Vasco, Andalucía e Castela León, entre outros.
O Concello de Oia contou cunha axuda da Deputación de Pontevedra de 7.000 euros para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas durante o ano 2024, prestándose 30 horas semanais de servizo.