Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán Un total de 66 ‘Autos Tolos’ protagonizarán este sábado a popular Baixada...

Un total de 66 ‘Autos Tolos’ protagonizarán este sábado a popular Baixada de Carrilanas de Camos

- Anuncio -

O evento está organizado este ano entre o Concello de Nigrán e a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios

A proba terá lugar durante toda a mañá en sucesivas mangas. Sairán do Torreiro de San Roque para desviarse pola rúa Xuncido e afrontar un maior desnivel e unha rasante natural cunha curva na meta de 90 grados, acadándose velocidades superiores aos 100 km/hora

Por vez primeira, habilitaranse aparcadoiros en San Roque, retransmitirase en streaming e haberá un comentarista

Un total de 66 ‘autos tolos’ dirixidos por 97 intrépidos pilotos de entre 6 e 75 anos deixarán imáxenes delirantes este sábado 14 de setembro na parroquia de Camos na ‘XVI Baixada de Carrilanas’, unha das probas con máis tradición en Galicia e que nesta ocasión organiza o Concello de Nigrán xunto á Asociación Cultural ‘A Camoesa’. O espectáculo, que por vez primeira se retransmitirá en streaming e disporá de comentarista, comezará cunha primeira baixada de adestramento ás 9:45 horas no seu percorrido habitual pola rúa San Roque e Xuncido e, xa a continuación, terá lugar a competición oficial con sendas mangas cronometradas (10:45 e 11:45 horas aproximadamente). O mellor tempo acadado por cada vólido será o que conte para confeccionar os resultados finais dunha clasificación que se divide en modalidade individual e colectiva repartida a súa vez en dúas categorías, os de rodamentos tradicionais de bolas (hai preto de 20 inscritos) e os non tradicionais (modalidade de neumáticos, skeleton, triciclo, longboard). A maiores, o xurado premiará ao carro máis currado, o máis divertido, o máis chapuzas e ao participante de menor idade.

Como xa é habitual, o percorrido comeza no Torreiro de San Roque e sigue por esta rúa ata afrontar un xiro brusco á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) e afrontar un maior desnivel, unha gran rasante, e unha curva final de 90 grados case na propia meta. En total, trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel do 80%, o que fará que os autos ‘voen’ a case 110 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora.

“Percorremos todas as probas que se organizan na provincia para organizalo á perfección e, por ese motivo, sabemos que ímos contar con vehículos moi chamativos, asi que a espectacularidade da proba está garantida”, sinalan desde a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios para que todo se desenvolva con absoluta seguridade. Ademaís, como novidade, habilitaranse sedos aparcadoiros gratuítos na saída, un para participantes e outro para público en xeral, e haberá 4 cantinas ao longo do trazado onde por cada consumición o público entrará nun sorteo de produtos doados polo comercio local.

“Como é o caso do ‘Flota como Poidas’ na Foz do Miñor, a baixada de carros de bolas de Camos é un evento moi divertido pola orixinalidade dos artefactos que participan e ao, mesmo tempo, tamén é moi espectacular polas velocidades que acadan e o propio trazado”, explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir.

Esta proba de carrilanas en Camos foi realizada por vez primeira no 1985, sendo a máis antiga de Galicia da que se teña coñecemento. As carrilanas forman parte da tradición popular de Camos, sendo un dos “xoguetes artesanais” máis apreciados pola rapazada da parroquia.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas