Ana Soto Gómez, estudante de terceiro de Primaria, recibíu un smartwatch de mans do alcalde e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega dun smartwatch a Ana Soto Gómez, alumna de 3 de Primaria do Colexio Estudio de Chandebrito, como finalista nacional do concurso de debuxo dixital infantil de Aqualia 2021. Este popular certame reflicte o compromiso de Aqualia e Concello cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, os ODS e a Axenda 2030 de Nacións Unidas, con especial atención ao ODS6: “Auga limpa e saneamento”, no que nesta edición se baseaba o certame.
O Concurso de Debuxo infantil, que comezou sendo en papel e avanzou a formato dixital, desenvólvese sempre baixo temáticas relacionadas coas fases do ciclo integral da auga. Ademais, cada edición preséntase empregando personaxes e contornas próximas aos nenos, para que, dun modo lúdico, asumisen estes coñecementos. O obxectivo é educar en valores axudando a reflexionar sobre os principais problemas ambientais, tanto a nivel global como local, e contribuir a crear conciencia convidando a participar na conservación e protección do medioambiente.
O certame realizouse a través da web: www.aqualiayods6.com e estivo orientado a alumnos de 3º e 4º de Primaria. Un ano máis, ofreceu materiais didácticos de gran utilidade para os profesores, entre os que destacou o vídeo educativo que explica que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, un conto e unha colección de carteis ilustrados que amplían todo este contido.