HomeO MorrazoMarínUnha batería intensa de bacheos urxentes: o Concello fai frente aos danos...

Unha batería intensa de bacheos urxentes: o Concello fai frente aos danos dos temporais e estuda outras pavimentacións máis estensas

- Anuncio -spot_img

A Brigada de Obras xa actuou en distintos puntos do centro e do rural e seguirá esta semana. Outras vías precisan dun asfaltado en quente en panos máis extensos. Estase preparando unha memoria para contratar os traballos.

O paso dos temporais que azoutaron á nosa comunidade neste inverno tiveron enormes consecuencias no espazo público, sobre todo nos pavimentos das estradas e pistas, onde se produciron baches e deformacións do firme.

Por iso, nas últimas semanas, o Concello de Marín está tratando de actuar e priorizar as necesidades máis urxentes. Coa Brigada de Obras, estase realizando un bacheo nas zonas onde os socavóns eran máis pronunciados. Así, xa se actuou en:
● Praza do Regueiro
● Ao lado da pista de tenis do Pavillón da Raña
● Camiño do Peso
● Viñas Blancas, na pista que une o Cemiteiro e os centros educativos
● Pista que une A Cañota con Souto de Carragal
● Zona da Sagrada Familia
● Rúa Araujo Escribano (Seixo)
As seguintes zonas previstas son a Pista de Gaibas (Santomé), a Estrada Pastoriza

Picotes, a zona da Teoira e as rúas Exército e Marina e Tiro Naval Janer. “A estos puntos, iremos sumando outros que van xurdindo ou nos que os desperfectos son de menor entidade, tratando de priorizar aquelas que sexan máis urxentes”, indican fontes municipais.

Un plan para asfaltar en quente panos moi danados

Paralelamente a este traballo de urxencia, estase preparando unha memoria con todas as zonas tanto do casco urbano como no rural onde os viais presentan algunhas partes cun deterioro que xa non permite realizar soamente un bacheo.
Así, neses panos que son algo máis amplos, realizarase un asfaltado en quente que permita reparar ese tramo con seguridade e eficacia. Unha vez estea lista a relación de viais afectados, así como as prioridades, sacarase a contratación a execución dos traballos.

Solicitude a outras administracións de que actúen nas vías da súa propiedade

En todo caso, tanto no bacheo como nas pavimentacións en quente, o Concello aclara que son vias de titularidade municipal, que son nas que se ten competencias.

Así a todo, existen problemas tamén en vías de titularidade provincial ou autonómica, como pode ser o caso de Jaime Janer. Solicitouse a estas administracións que actuén á maior brevidade posible para realizar traballos de mantemento nos seus viais e así seguir traballando nunha mellora das infraestruturas, garantindo a seguridade viaria.

Publicacións Relacionadas