Home Tabeirós A Estrada Unha boa nova: o TSXG suspende cautelarmente o parque eólico de Castro...

Unha boa nova: o TSXG suspende cautelarmente o parque eólico de Castro Valente

- Anuncio -

Xoán Reices: “Este parque eólico está situado enriba dos restos dunha fortaleza medieval o que debería ser motivo abondo para paralizalo definitivamente”

O TSXG vén de anunciar a suspensión cautelar do parque eólico de Castro Valente. Xoán Reices, portavoz municipal do BNG, considérao “unha boa noticia e esperanzadora para outros parques en trámite no noso concello”.

“Hai que lembrar”, engade Reices, “que este parque eólico está situado enriba dos restos arqueolóxicos unha fortaleza medieval, o que, como xa manifestamos con anterioridade debería ser motivo abondo para anulalo definitivamente, de feito, o grave é que a Xunta, a pesar de todo, dese a autorización administrativa pertinente”.

O concelleiro do BNG considera que a suspensión cautelar de Castro Valente pode ser unha boa noticia para todos os veciños e veciñas que están loitando contra o parque eólico de Xesteiros, que quere construír Norvento nos montes de Vea. “Hai que lembrar que Xesteiros e Castro Valente comparten a liña de evacuación, se un parque cae, cabe pensar que isto tamén pode repercutir na execución co segundo, mais imos ser prudentes e agardar acontecementos”, afirma Reices.

Aínda pendentes da copia do recurso do concello

“Por outra parte”, engade, “instamos ao novo alcalde a que remita ao BNG a copia do recurso que presentou o concello o 22 de marzo contra a autorización administrativa previa do parque eólico de Xesteiros”. “Solicitámolo hai un mes”, afirma Reices, “e aínda hoxe non temos a copia solicitada que o ex-alcalde, José López, comprometeuse enviar no pleno que tivemos a principio de mes”. “Supoñemos que o alcalde, tanto o novo como o anterior, non teñen nada que agochar, mais esta demora non é comprensíbel, a pesar dos acontecementos dos últimos días”, explica Reices.

Relacionadas

Facer o Camiño en Handbike e Joëlette

0
Un grupo de persoas usuarias e voluntarias do Instituto Médico Pedagóxico de Barcelona e de Discamino fixeron un alto na súa viaxe a Santiago...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

Publicacións Relacionadas