Home Pontevedra Caldas Unha concurrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes serviu...

Unha concurrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes serviu para recuperar as celebracións na honra de San Pedro Mártir en Lantaño (Portas)

- Anuncio -

O alcalde, Ricardo Martínez, salientou a importancia que teñen as tradicións na reactivación da vida social e cultural do municipio despois da pandemia

Unha nutrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes serviu para honrar a San Pedro Martír e recuperar a normalidade da vida social, cultural e relixiosa en Lantaño (Portas) despois do parón imposto pola pandemia da Covid-19.

Despois da misa solemne, tivo lugar a procesión na que participou o alcalde, Ricardo Martínez, e varios membros da Corporación Municipal que acompañaron ás imaxes no percorrido que, partindo desde a capela de San Pedro Mártir e o cruceiro do Culebrón, se dirixiu ata o de Paredes onde os devotos deron a volta acompañados pola Banda de Música Unión de Lantaño ata concluir de novo fronte ao templo relixioso.

A continuación a Banda de Música Unión de Lantaño amenizou a xornada cun concerto mentras se procedía a repartir entre os asistentes un aperitivo que foi compartido polos numerosos veciños da parroquia que se deron cita neste lugar.

UNHA CAPELA MUNICIPAL

Esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns.

A celebración rematará esta tarde, a partir das 20 horas, cando terá lugar a actuación do grupo musical Vilamariachi no Centro Cultural Candelas de Lantaño.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas