Un total de 25 tripulantes con idades comprendidas entre 2 e 60 anos competirán por premios tan delirantes como o ‘Titanic’ ao primeiro que afunda ou o artefacto máis ‘cutre’ e máis ‘currado’ ou á tripulación máis ‘intrépida’
O evento, que cada ano congrega a milleiros de persoas, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’ na Alameda da Ramallosa con inchables de auga para as crianzas. O parking municipal da Ramallosa abrirá todo o día gratis
O Concello de Nigrán prepárase para festexar este domingo 11 de Agosto ás 19:30 horas o evento máis disparatado do verán: a concentración de artefactos flotantes ‘Flota como Poidas’, que ademais cumpre unha década. Un total de 25 tripulantes con idades comprendidas entre os 19 meses e os 65 anos e distribuídos en dez ‘pseudoembarcacións’ construídas por eles mesmos competirán na Foz do Miñor por premios tan delirantes como o ‘Titanic’ ao primeiro que afunda ou o artefacto máis ‘cutre’ e máis ‘currado’ ou á tripulación máis ‘intrépida’ e ‘simpática’.
O evento, que cada ano reúne a milleiros de persoas na contorna da ponte romana, apunta a diversión absoluta ao tenor dos nomes dos artefactos flotantes inscritos: ‘Miñocas noxentas’, ‘Ollo que van os de sempre’ (nunca faltaron), ‘Barricada 911’, ‘Kairos’, ‘Vinciarras’, ‘Chuliño’, ‘Foca como poidas’, ‘Yellowsubmarin’, ‘Leira Ecolóxica- Chuzas’ e ‘Pescadores del Puente’.
Como é xa habitual, o ‘Flota como poidas’ coincidirá coa celebración da feira de oportunidades ‘Portobelo’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi na Alameda de A Ramallosa de 11:00 a 21:00 horas, polo que o Concello abrirá excepcionalmente este domingo de 11:00 a 22:00 horas o parking municipal gratuíto da rúa Argonautas (ao carón da Piscina Mancomunada) para facilitar a asistencia (o horario habitual é de luns a sábado de 8:00 a 22:00 horas). Mentras os adultos realizan as súas compras as crianzas poderán disfrutar gratuítamente de inchables de auga (recoméndase levar bañador) e un carrusel.

