Unha empresa, Prezero, aspira a xestionar o novo contrato de residuos do Concello de Pontevedra

adminON
Lectura mínima de 3

Rematado o prazo de presentación de ofertas, a empresa que presta o actual servizo foi a única que  concorreu á licitación.  

Raimundo González, concelleiro de Contratación, asegura que seguen existindo certas resistencias por  parte dalgunhas empresas para cumprir coa nova lei de residuos pero agarda que “o proxecto que  presenta sexa potente e cambie realmente o futuro da recollida de residuos neste concello”. 

O concelleiro de Contratación, Raimundo González Carballo informou esta mañá que onte, ás doce da noite,  rematou o prazo de presentación de ofertas para o contrato de residuos e se pechou coa oferta da empresa  Prezero, que na actualidade é a que presta o servizo.  

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra está convocada para o vindeiro luns, 3 de febreiro, e  analizará a documentación administrativa (solvencia económica, representación…). Ao tempo, tamén se ab o sobre B na que aparece a oferta técnica da empresa: explotación do servizo: medios humanos, plan de  

prevención de ricos, de formación do persoal, organización do servizo (rutas, zonificación, programación de  motivación social e información cidadá… 

Unha vez elaborado o informe técnico sobre esta parte da licitación, convocarase a seguinte mesa de  contratación para coñecer a oferta económica, onde amais da súa solvencia económica se inclúen as  melloras do servizo.  

Finalmente, a proposta da Mesa de Contratación elevarase á Xunta de Goberno para a súa aprobación e  requirir a documentación á empresa. Tamén se abrirá un período de 15 días de recurso en materia contractual.  

Raimundo González indicou que nestes meses dende que quedou deserta a primeira licitación até a  actualidade “seguín detectando -por algún tipo de reunión con representantes do sector- unha resistencia do  sector ao cumprimento dos obxectivos marcados pola lei de residuos”. A súa afirmación está baseada “en  que me dixeron expresamente en que en ningún contrato estamos asumindo riscos e aquí, tal como informa  incluso a ONE, hai risco, hai risco operacional, pero é así como funciona o mercado”.  

“O sector está acostumado a unha retribución determinada e, por tanto, aínda segue habendo certas  resistencias. E pola nosa parte xa dixemos que os obxectivos medioambientais para este Concello son  irrenunciables, quere dicir, que nós non estamos dispostos, aínda que houbera que estar prorrogando o  

contrato”, explicou o concelleiro que concluíu que “evidentemente non é ningún fracaso, ni moito menos,  senón que é un proxecto dun calado moi forte que pode ter un solo licitador, pero a min o que máis me  preocupa non é a cantidade senón que o proxecto que presenta sexa potente e que cambie realmente o  futuro da recollida de residuos neste concello”.

Comparte este artigo