Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran mostra desta flor
Se todos os febreiros as camelias enchen do seu recendo o Museo Torres, desta vez temos a oportunidade de desfrutalas un pouco máis e doutro xeito, a través da arte, grazas á exposición que se poderá ver no Museo de Rosa Crespo e Cristina Barreiro.
A primeira delas retrata coa súa técnica algunhas das camelias máis bonitas en distintos escenarios, mentres que a segunda uniu a súa paixón por esta flor e por Xapón para crear unha serie de bonecas Kokeshi engalanadas con camelias e outros elementos relacionados coa cultura e a natureza xoponesa.
Ambas artistas presentaron xunto coa concelleira Itziar Álvarez esta exposición, que serve como preámbulo para a VIII Mostra Camelias e Mar, que encherá as salas museísticas destas flores os días 8 e 9 de febreiro.
O sábado 8 inaugurarase ás 13.00 horas a mostra e durante toda a tarde seguirá aberta a todo o mundo, de 16.30 a 20.00 horas. O domingo, o horario será 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas.