HomeBaixo MiñoA GuardaUnha exposición repasa os 125 anos da Festas da Virxe da Guía...

Unha exposición repasa os 125 anos da Festas da Virxe da Guía na Guarda

- Anuncio -spot_img
  • A exposición recolle carteis, documentación, obxectos, fotografías…que permiten facer unha viaxe histórica da festa

Onte á tarde quedou inaugurada a exposición de carteis das Festas da Virxe da Guía. Polo seu 125° aniversario prepararon unha exposición no Salón de Plenos chea de historia da festa: carteis, fotografías, documentación…

O alcalde da Guarda resaltou como “estas festas son punto de encontro dos veciños para desfrutar xuntos da música, das poxas…”. Ademais, o concelleiro de Cultura, Celso Fariñas fixo fincapé nas numerosas anécdotas que deixan estas festas, compartindo algunha delas.

A comisión tamén quixo ter un pequeno detalle con quen contribuiu a chegar a estes 125 anos, dando un pequeno agasallo aos antigos presidentes ou á súa familia.

A exposición poderá visitarse de luns a venres en horario de mañá (de 9 a 14h) ata o próximo 9 de setembro no Salón de Plenos do Concello da Guarda.

Publicacións Relacionadas