- A exposición estará aberta na Casa dos Alonso desde o luns 4 ata o mércores 20 de agosto
A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición. Esta vez, Ramón González expón as súas maquetas feitas a man con porespán de diferentes edificios da Guarda e da súa contorna.
Estas maquetas representan algunhas casas indianas guardesas e tamén a propia igrexa de San Roque (Salcidos). As recreacións contan con todo luxo de detalles.
A exposición abriu onte á tarde e permanecerá aberta ás visitas de 9 a 14h e de 19 a 21h, agás o domingo das Festas do Monte, día 10, que permanecerá pechada.