Home O Morrazo Marín Unha fin de semana sen freo: San Migheleiro, Marín Vivo e a...

Unha fin de semana sen freo: San Migheleiro, Marín Vivo e a Milla de San Miguel

- Anuncio -

O sábado, Marín será un fervedoiro de actividade coas peñas vestidas coas camisetas a raias típicas do San Migheleiro e a partir das 22.00 horas, a música marcará a edición feminina do Marín Vivo.

A vila de Marín será un fervedoiro a partir de mañá coa celebración do San Migheleiro, que propón varias rutas ao longo de todo o día entre os bares participantes na iniciativa, que volve despois de dous anos de pandemia da man do Patonatro.

A lista de establecementos que participarán non é menor: Real, Acuña, A Devesa, Café Lelé, Arenal, K-Nobbe, Construmar, Freixo, Manhattan, Pato Donald, Royalty, Deluxe, Emily, La Guinda, O Lar da Rosa, Xaínza, O Busto, O Rural, Mask, Tutto Benne, Aroma, Alameda, Carballinés, La Favorita, Nova Xeitosa, Thálavo, Coyote, Miño, Montse, Fariña, Juansito, Klee, Atalaya, O Pilaro, Nao, Polymnia, 3 Azahares, Underground, El Cortijo, La Estiba, As Vides e o In Mare.

O Concello contará coa animación musical pola mañá e pola tarde das charangas Noroeste e Jalácticos e coas batucadas Maracumbé e Axe Bahía. Ademais, os propios locais programarán distintas actuacións, que se repartirán pola mañá nas zonas da Praza da Constitución, Ezequiel Massoni e A Roda, e pola tarde na Alameda, Rúa Real, Concepción Arenal, Méndez Núñez, Doutor Touriño, José del Río, Praza 8 de Maro, Augusto Miranda e a Rúa do Sol.

Todos os locais poderán estar abertos até unha hora máis do horario habitual. E na Alameda, a partir das 22.00 horas, comezará o Festival Marín Vivo, que contará coas actuacións de Ginebras, Shego e Innmir.

Durante a tarde, tamén haberá espazo para o deporte, coa celebración da XXIII Milla Urbana San Miguel, que se celebrará a partir das 17.00 horas e que espera convocar a cerca de 600 participantes.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas