HomePontevedraA LamaUnha ofrenda floral en memoria dos emigrantes e dos percusores da romaría...

Unha ofrenda floral en memoria dos emigrantes e dos percusores da romaría das Ermidas serviu para dar comezo ao tradicional Xantar da 3ª Idade

- Anuncio -spot_img

Ademais do alcalde, David Carrera, asistiron o director xeral de Maiores, Antón Acevedo; o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez; o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o deputado provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros da Corporación Municipal lamense.

Unha ofrena floral en memoria dos emigrantes e daquelas persoas que impulsaron a celebración da romaría das Ermidas depositada polo alcalde, David Carrera, o director xeal de Maiores, Antón Acevedo; o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta, Perfecto Rodríguez,  o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o deputado provincial de Cutura e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela ante o cruceiro da Carballeira serviu de homenaxe previo á celebración do Xantar da 3ª Idade que reuniu a uns 300 comensais.

A continuación, o alcalde da Lama, David Carrera, agradeceu a presenza dos comensais e lembrou a importancia que este evento ten para potenciar os lazos que unen á comunidade veciñal lamense tanto dos que residen aquí como os que o fan no extranxeiro e aproveitou a ofrenda floral ante o cruceiro da Carballeira das Ermidas para rendir unha sentida homenaxe aos pioneiros que comezaron con esta famosa romaría e que contribuiron a facer deste espazo un emotivo lugar de reencontro veciñal en harmonía e comuñón coa natureza.

Segundo manifestou David Carrera, “o noso corazón énchese de emoción ao mirar aos nosos maiores, veciñas e veciños da terceira idade, verdadeiros piares desta comunidade. Grazas polo voso exemplo, por todo o que destes, e por seguir aquí, ensinándonos coa vosa presenza o que significa pertencer a un pobo”.

Carrera fixo tambén unha mención especial ao traballo realizado pola Comisión de Festas “que foi simplemente excepcional. O seu traballo, ilusión, entrega e compromiso fixeron posible que esta festa brille como o merece. A eles, o noso aplauso máis sincero e o noso apoio incondicional. Cando parecía que este ano non ía haber comisión, liderados por Cuenca e Ermitas, deron un paso adiante e foron quen de ofrecer ao pobo unhas festas magníficas”.

MAÑÁ, CONCERTO TRIBUTO A JUAN PARDO NAS ERMIDAS

Por outra banda, o Concello da Lama e a Xunta traerán mañá á Carballeira das Ermidas un concerto tributo a Juan Pardo que baixo o título de “Xuntos pola Música” é un espectáculo único que rende homenaxe ao extraordinario legado deste mítico cantante galego, revivindo os seus grandes éxitos e o seu impacto na música española.

Sobre o escenario, Antonio Barros, Lys Pardo, iAlma e Fernando Calderón, xunto a dous músicos de directo, darán vida mañá a partir das 22 horas a este emotivo tributo. A voz de Lys Pardo, filla do artista, achega unha conexión íntima e especial, facendo de cada interpretación unha viaxe a través da nostalxia e a maxia. Un espectáculo inesquecible para quen desexa celebrar a obra dun dos grandes nomes da música.

Publicacións Relacionadas