HomeVigoNigránUnha tarde familiar de contos, solidariedade e Nadal en Nigrán

Unha tarde familiar de contos, solidariedade e Nadal en Nigrán

- Anuncio -spot_img

O Auditorio Municipal acollerá o domingo 14 de decembro unha completa programación familiar que encherá Nigrán de emoción e valores, nunha xornada especialmente vinculada ao espírito dos dereitos dos animais e aos valores do Nadal.

A tarde comezará ás 16:00 h co contacontos para os máis peques de “Unha historia diferente do parrulo feo” da escritora Soledad García, acompañado da proxección dunha curtometraxe para descubrir a beleza da diversidade, a autoestima e o respecto polos seres vivos.

Ás 17:00 h terá lugar a presentación da Asociación Aire de Mar, fundada por Conchi Estévez, un proxecto solidario que nace cunha tartaruga que visita aos hospitais para trocar cinco minutos de dor por cinco minutos de sorrisos aos pequenos guerreiros con enfermidades oncolóxicas co fin de que poidan vivir un Nadal máxico no Barco do Nadal, lonxe dos hospitais, unha experiencia para devolver a ilusión e a esperanza. Na presentación anunciarase a postal solidaria “Barco do Nadal das e dos guerreiros”, coa que calquera persoa poderá participar no sorteo de Nadal con agasallo garantido para todos os participantes.

Finalmente, ás 18:00 h, Soledad García presentará “Undomel”, obra galardoada co premio Exeria 2024, un paseo literario con fotografías antigas a través da dragoa gardiá da luz e dos valores auténticos do nadal.

Soledad García conta con 35 obras literarias, nas que destacan os paseos de Nigrán, Baiona e Gondomar e URCO unha historia reciclada, o libro que fomenta a adopción e os dereitos dos animais.

Unha tarde pensada para gozar en familia chea de diversión e soños compartidos.

Publicacións Relacionadas