HomeTabeirósA EstradaUnha Variante de miseria

Unha Variante de miseria

- Anuncio -spot_img

PSOE e Unidas Podemos xa non poden escudarse en trámites democráticas, teñen que demostrar que queren facer a Variante

A Variante da Estrada da N640 volve quedar na gabeta do goberno español de PSOE e Unidas Podemos. 500.000 euros para 2023 é unha miseria para unha infraestrutura que ten un custe de máis de 40 millóns de euros, e demostra unha vez máis a falta de compromiso destes dous partidos co noso concello e coas necesidades dos veciños e veciñas.

A estas alturas xa non vale escudarse en trámites burocráticos. PSOE e Unidas Podemos non queren facer esta infraestrutura tan demandada e clave para desconxestionar o tráfico da vila e, por suposto, por unha elemental cuestión de seguranza vial.

Pola BNG parte do BNG seguiremos turrando para que a Variante sexa unha realidade e a través do noso deputado Néstor Rego, presentaremos emendas para elevar notabelmente esta partida de miseria da Variante.

Por outra parte, aínda que a máxima responsabilidade destes orzamentos miserentos é de PSOE e Unidas Podemos, que son os que gobernan en Madrid, tamén queremos denunciar a pasividade do alcalde, que non move un dedo para reclamar esta infraestrutura. El, como máximo dirixente municipal, é o que debería liderar a demanda da Variante, mais, tanto López como o deputado local, Constenla, teñen outras prioridades, aínda que non sabemos cales.

Publicacións Relacionadas