- O evento reunirá tamén campioas profesionais e neoprofesionais
A Guarda celebra o próximo xoves 14 de agosto ás 20:30h unha tarde de boxeo con varios combates de grandes nomes.
Para comezar a xornada, o pavillón da Sangriña acollerá 3 combates amateurs 3×3 da categoría masculina. Na categoría neoprofesional feminina enfrontaranse Carla González contra Iria Vázquez, a actual campioa galega.
Despois, na categoría superpluma feminina o enfrontamento estará protagonizado por Ariadna Becerra do Arkham de Cangas, que subiu ao podio no campionato de España, e Nahir González do Kick Narón, a actual campioa neoprofesional.
Como combate de fondo teremos a gran revancha entre aspirantes ao título neoprofesional. Deste xeito, Branyel Suárez, do Club Carlos Padín de Caldas de Reis, medirase a Álex Castro do CKM Combat Academic de Mos.
Para rematar, o combate de exhibición enfronta a púxiles guardeses. Carlos Miguel, excampión de España, subirase de novo ao ring para medirse a Esteban Doiro “Jabato”, excampión galaico-astur.
Para asistir a este evento as entradas xa están á venda, cun prezo de 10€ a grada e 15€ a cadeira. Pódense conseguir en algúns comercios e locais da Guarda.