HomePontevedraPoioV Foro da Muller

V Foro da Muller

- Anuncio -spot_img

EMPRESARIAS GALICIA, con sede en Vigo, pero que se desenvolve no ámbito autonómico, é un proxecto pioneiro que busca visibilizar e promocionar a figura da muller no tecido empresarial, social e cultural.

Achegamos o programa do V Foro da Muller, unha iniciativa que realizamos de forma consecutiva desde 2019. Desenvólvese como unha expresión positiva e respectuosa da situación en materia de desigualdade e converteuse nun referente galego para a muller empresaria, autónoma e directiva.

A xornada, que se celebrará o próximo 15 de xuño no Pazo de Colón (Poio), estará organizada ao redor de catro mesas temáticas que abordarán temas fundamentais: “Saúde e benestar”, “Turismo rural”, “Artesanía: Tradición e innovación” e “Intelixencia artificial”. Estas mesas pretenden dar visibilidade a aquelas mulleres que, cunha traxectoria profesional chea de experiencias e logros, habitualmente non se atopan expostas ao público ou aos medios de comunicación, pero que teñen unha magnífica bagaxe que compartir. Ao mesmo tempo, conseguimos localizar mulleres novas, emprendedoras e con moitas ganas de achegar en favor da igualdade.

O Foro está enfocado a un amplo público obxectivo de sectores moi diversos, un evento de calidade co que estamos envorcadas as empresarias galegas e con moi boa repercusión a nivel rexional e nacional.

Inscribídevos xa!!

https://empresariasgalicia.com/event/v-foro-de-a-muller/

Publicacións Relacionadas