Home Pontevedra A Lama Veciños e representantes de comunidades de Montes da Lama asisten á xornada...

Veciños e representantes de comunidades de Montes da Lama asisten á xornada sobre a “Xestión de vexetación nos núcleos poboacionais e outras infraestruturas” organizado polo concello

- Anuncio -

Tamén acudiron comuneiros de Ponte Caldelas e Carballedo a este evento no que se abordou a normativa e o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Veciños e representantes de comunidades de montes da Lama asistiron á xornada sobre a “Xestión da vexetación nos núcleos poboacionais e outras infraestruturas” organizado polo Concello para informar á veciñanza da normativa e do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

A xornada, que se desenrolou no Centro Multiusos da Lama contou coa presenza dos tenentes de alcalde David Carrera e Jorge Méndez (responsable de Medio Rural) e o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal. O acto correu a cargo dun Axente Ambiental do Distrito Forestal XIX, dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta, e a el asistiron tamén comuneiros de Ponte Caldelas e Carballedo (Cerdedo-Cotobade).

Esta xornada promovida e organizada polo Concello da Lama estaba especialmente orientada a propietarios de fincas rústicas, comunidades de montes, titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, habitantes de núcleos rurais e residentes en núcleos urbanos que limiten con fincas rústicas, así como calquera interesado nestas cuestións.

UN PEQUENO INCENDIO EN XESTA RETRASOU A XORNADA

Curiosamente, a chegada do Axente Forestal ás xornadas retrasouse media hora porque estaba participando, precisamente, nun operativo de extinción dun pequeno conato de incendio forestal que se producira momentos antes na parroquia de Xesta, no entorno dunha plantación recén realizada e que serviu de introdución para comezar esta conferencia.

O obxectivo desta xornada formativa e divulgativa foi achegar a normativa sobre a xestión da biomasa recollidas na Lei de Montes así como na Lei de Incendios para levar a cabo labores de prevención e, ao mesmo tempo, evitar que se cometan infraccións neste sentido que poidan acarrear a incoación posterior de expedientes sancionadores.

No transcurso da xornada, tamén se expuso e se deu a coñecer entre os presentes o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais que marca toda a estratexia de prevención do Concello da Lama e onde a veciñanza ten que tomar conciencia da importancia de erradicar especies pirófitas a menos de 50 metros das casas, a limpeza nunha franxa de entre 4 e 6 metros dos viais e da necesidade de abordar as rozas dentro do periodo voluntario establecido ata finais do presente mes de maio para evitar que se teñan que incoar expedientes sancionadores.

Tamén se informou que para facer calquera corta, aínda que sexa dunha árbore, débese tramitar un sinxelo permiso de autorización ante a Xunta, que é a entidade competente neste tema e non o Concello. O Axente Forestal insistiu en que os refugallos das cortas hai que retiralos ou eliminalos antes dun mes de ter realizado estes traballos e que están taxativamente prohibidas as queimas en zona forestal.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas