Vento Mareiro organiza o Serán da Guía para este sábado 4 de outubro

adminON
Lectura mínima de 1
  • O serán tivo que ser aprazado a finais de agosto pola chuvia

A Agrupación Folklórica Vento Mareiro organiza este sábado o Serán da Guía a partir das 21:30 horas na praza da Guía. Esta nova data chega tras a suspensión pola chuvia do serán que se ía celebrar a finais de agosto. Agora, en caso de chuvia, o serán trasladarase ao pavillón das Solanas.

A Praza da Guía acollerá as actuacións de grupos tradicionais, como Murga Airiños do Cereixo, pero invitan a toda persoa que queira participar a traer o seu instrumento e unirse á foliada. Todos os grupos que queiran participar neste serán están invitados.

Ademais, haberá sorteos de lotes de produtos durante o serán entre o público.

Comparte este artigo