Home Pontevedra Ventosela presenta o libro sobre a toponimia da parroquia

Ventosela presenta o libro sobre a toponimia da parroquia

- Anuncio -
  • A autora do libro, a profesora Olga Nogueira, dará a coñecer a publicación xunto a alcaldesa, Digna Rivas, nunha charla este sábado día 16 ás 16.00 horas no Centro Cultural da Miñoteira, e distribuiranse exemplares de balde entre o público asistente.
  • O Concello leva publicados xa 10 libros sobre a toponimia das parroquoas. O obxectivo é “poñer en valor, estudar e divulgar os topónimos das nosas parroquias”, sinala Rivas. Redondela é un referente en recuperación de toponimia, está entre os cinco primeiros municipios de toda Galicia en número de achegas á web da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega chamada “Galicia Nomeada” cuns 2.000 topónimos.

Este sábado, día 16, preséntase na parroquia redondelá de Ventosela o último dos tres libros de toponimia que veñen de ser publicados polo Concello de Redondela (co de Cesantes e Chapela). Polo de agora van publicados 10 libros, que se poden descargar da web do Concello de Redondela. A súa autora do libro de Ventosela, a profesora Olga Nogueira, dará a coñecer a publicación xunto a alcaldesa, Digna Rivas, nunha charla ás 16.00 horas no Centro Cultural da Miñoteira e distribuiranse exemplares de balde entre o público asistente.
Ventosela destaca pola toponimia relativa á orografía do terreo, pedregoso (A Pedreira, O Laxeal), alto e desnivelado (Os Picoutos, Os Cotes), así como pola auga. A parroquia ten dous ríos que a circundan (o río Caramboleiro e o Campelo, ambos topónimos moi antigos) pero tamén moito terreo seco. A xestión comunitaria da auga materialízase en 37 pozas e pozos, 15 fontes e dúas lagoas (o Lagoeiro e a Lagoa do Rial), con toda a microtoponimia que as acompaña: gurgullóns, barroncas, bazocas, etc. Tamén hai na toponimia parroquial restos dun modo de vida xa pasado, o das cancelas que acoutaban prados, de plantíos hoxe abandonados, como o paínzo, no topónimo Peizás; da presenza das abellas como parte da economía, en topónimos como As Colmeas; de animais hoxe xa difíciles de ver como O Coto do Graxo ou A Belurica; de construcións necesarias para a organización do terreo, como Os Pardiñeiros…
Mais neste libro da Toponimia de Ventosela, a súa autora tamén incluíu valiosas informacións antropolóxicas que lle ofreceron as veciñas e os veciños da parroquia. Así, refire como se facía a xestión do monte, como se facían as reparticións das quedas de auga (ás que xa se referira nos anos 70 o antropólogo Carmelo Lisón Tolosana), ou como se xestionaba o cultivo e almacenamento dos diferentes plantíos. O libro tamén nos ofrece unha relación de alcumes e de eidos da parroquia, outro patrimonio inmaterial intrinsecamente vencellado á toponimia.
O obxectivo do Concello, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas é o de “poñer en valor, estudar e divulgar os topónimos das nosas parroquias”. Rivas salientou tamén que Redondela é un referente en recuperación de toponimia, e está entre os cinco primeiros municipios de toda Galicia en número de achegas á web da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega chamada “Galicia Nomeada”. Redondela leva colocados arredor de 2.000 topónimos, onde se pode consultar cada microtopónimo por parroquia e barrio, incluíndo a explicación da súa orixe.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas