HomePontevedraVermú musical Pinto e Maragota coa banda pontevedresa Raposa

Vermú musical Pinto e Maragota coa banda pontevedresa Raposa

- Anuncio -spot_img

A cita é o venres 14 de novembro, ás 20.30 horas, no bar La Verbena e é parte das actividades de outono do programa municipal pola diversidade sexual e de xénero de Pontevedra

O programa municipal pola diversidade sexual e de xénero de Pontevedra Pinto e Maragota -que promove a Concellería de Igualdade- ten unha nova cita lúdico-reivindicativa o vindeiro venres 14 de novembro. Trátase dun vermú musical coa banda pontevedresa Raposa, que terá lugar no bar La Verbena (rúa Paio Gómez Charino, 29), a partir das 20.30 horas.

A banda Raposa vén de publicar o seu primeiro disco: Un Amor, cuxas composicións guiarán o concerto, que ten entrada libre. María Villanueva e Rubén Abad son os integrantes desta banda galega de voces e guitarras. Un proxecto consolidado sobre un piar de corda pulsada, que abraza paisaxes batuxados por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución chea de matices e delicadeza. O material sonoro desprende equilibrio e proporción, unha confección acústica concibida coma ofrenda e reivindicación do honesto e fermoso da natureza humana e da música como ferramenta de cambio social, sempre reivindicando a realidade querer e a diversidade.

A música pecha o ciclo de vermús Pinto e Maragota de este outono 2025, unha proposta que convertida xa nun referente lúdico e cultural do colectivo LGTBOIQ+ en Pontevedra.

Publicacións Relacionadas