Home Pontevedra Verónica Tourón presentou a súa candidatura nun auditorio repleto de público

Verónica Tourón presentou a súa candidatura nun auditorio repleto de público

- Anuncio -

Arroupada pola Presidenta da Deputación nun acto dinámico e innovador

No día de onte a Agrupación Socialista de Salceda presentou a súa candidatura de cara as eleccións municipais 2023 nun auditorio municipal ateigado pola veciñanza, cun acto apoiado por unha interprete na linguaxe de signos e proxeccións audiovisuais.
No acto interviron o nº 2 do candidatura e actual concelleiro Rubén González Coto, o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro e a Presidenta da Deputación Carmela Silva.
Enrique Cabaleiro salientou a calidade humana da candidata e a importancia da súa personalidade á hora de acadar resultados e gobernar de forma xusta para toda a veciñanza.

A Presidenta da Deputación destacou a enorme valía persoal e política de Verónica Tourón e a súa forma de gobernar baseada na xestión e traballando por acadar feitos fronte á política da promesa e o sorriso fácil que moitas veces se practica na política. “Muller intelixente, traballadora, implicada e que ten un plan moi claro para Salceda, cunha dirección clara cara o que precisa esta fermosa vila”, así se dirixiu ao auditorio Carmela Silva.

Na presentación conducida por Verónica Tourón dun xeito dinámico, expuxéronse os feitos levados a cabo durante esta lexislatura por parte do grupo municipal socialista. Amosando a boa xestión, facendo fincapé nos éxitos acadados a través do diálogo e nas políticas pioneiras postas en marcha en Salceda e que puxeron as persoas no centro da xestión municipal. Destacando a primeira vivenda de alugueiro social, os obradoiros e programas de emprego, a rehabilitación das casas do mestre, piscinas municipais ou o centro cívico da Devesa. Este último “claro reflexo do que soño para Salceda, un espazo de convivencia para nenas e nenos, mozos e mozas, persoas maiores, salcedenses de nacemento, dos de acollida e tamén das persoas que levan a Salceda no corazón”, en palabras da alcaldesa e candidata Verónica Tourón.

A candidata amosouse orgullosa do equipo de persoas que a acompañan na candidatura, dende as máis veteranas ata as novas incorporacións, definíndoo como un conxunto de persoas cun proxecto común e colectivo para a veciñanza.

Destacou deles a súa fidelidade cos valores que a impulsaron a dedicarse á política e que a fan continuar nela con ilusión e ganas, como a igualdade, a xustiza social, o feminismo ou o anhelo de acadar un crecemento económico sostible que beneficie a maioría da veciñanza.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas