Home Pontevedra Caldas Vertidos ó río Louro

Vertidos ó río Louro

- Anuncio -

“UN VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS DURANTE 7 DÍAS Ó RÍO LOURO É O QUE TEN QUE EXPLICAR O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE NA COMPARECENCIA SOLICITADA POLO PSOE DE VALGA

Na beira do río Louro, a escasos 500 m. da súa desembocadura no Ulla, existe a rede de saneamento municipal da que forma parte unha arqueta de recollida de augas residuais que sufre atascos e desbordamentos constantes. O goberno local, para evitar a saturación e atasco do resto da rede de saneamento, instalou unha especie de aliviadoiro, unha saída directa dende a arqueta ao río, polo que cando esta se atasca e desborda, as augas residuais verten directamente ao río Louro.

Este parche provoca vertidos de augas residuais de cor e cheiro intenso ó río de xeito constante. Durante este verán houbo varios vertidos, pero o último foi o máis preocupante pola súa duración no tempo. A rede de saneamento municipal estivo vertendo ó río durante 7 días, pois a pesar de que o grupo socialista advertiu ó 112, a seprona e á garda civil, o vixiante municipal non acudiu ata pasados 5 días do inicio do vertido.

A nosa portavoz, “Os vertidos producidos nese punto do río son constantes, pero este último resultou gravísimo porque a rede municipal estivo vertendo durante 7 días. Pero o máis grave é que o propio goberno local sexa o que está a provocar estes vertidos. O concelleiro é o responsable da xestión medioambiental, coñece que a instalación ten problemas de atascos e desbordamentos, do parche feito, e a pesar deso, os vertidos repítense cada mes”.

O psoe de Valga, que xa puxo de manifesto en varias ocasións estes problemas ante o pleno municipal, non obtendo resposta e vendo a inmobilidade do goberno local, vimos de solicitar a comparecencia do concelleiro de medio ambiente no vindeiro pleno para pedirlle explicacións e solucións ó problema dos vertidos.

A nosa portavoz: “Entendemos que se trata dun asunto o suficientemente grave como para solicitar a comparecencia pois vemos que o propio goberno local é o que está a provocar estes vertidos, dende o momento en que decidiu instalar un tubo directo dende a arqueta ao río que verte augas residuais non depuradas. Ten que explicar como sendo o responsable da xestión medioambiental do concello, permite esta situación”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas