- O Concello de Arbo anuncia a celebración da sexta edición de ArboNadal, un evento tradicional que terá lugar os días 6 e 7 de decembro de 2025.
- Aberta as incripciones para participar en ArboNadal 2025.
ArboNadal, mantén o espírito de continuidade e crecemento, coa participación de diferentes actores que achegan a súa creatividade e tradición para ofrecer un evento enriquecedor e atractivo para visitantes de todas as idades.
O evento desenvolverase na Praza do Concello, cunha variedade de actividades, incluíndo un mercadillo con produtos artesanais, antigüidades e artigos tradicionais, xunto con programación cultural e musical deseñada para ambientar e dinamizar a xornada. Ademais, o Concello previu unha serie de animacións musicais que contribuirán a crear un ambiente festivo e atractivo, incentivando a participación de todos os asistentes.
Horacio Gil, Alcalde de Arbo, sinalou que “o evento busca converterse nun punto de referencia que promova a continuidade de iniciativas similares nos próximos anos, consolidando así a tradición e o patrimonio local”.
O proceso de participación está aberto a artesáns, anticuarios, asociacións, ONG e establecementos comerciais. A inscrición para participar no mercadillo debe realizarse antes do 28 de novembro ás 15.00 horas. Para iso, habilitouse un formulario de inscrición e recoméndase aos interesados contactar coa organización a través do teléfono 639 82 94 45, ou mediante o correo electrónico vicentarodriguezcerdeira@hotmail.es, onde poderán recibir toda a información adicional necesaria.



