“VI edición Stock Marín”

adminON
Lectura mínima de 2

A VI Edición de STOCK MARÍN, celebrarase do 2 ao 4 de agosto, na  Alameda “Rosalía de Castro” de Marín con 22 establecementos da vila 

A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o  Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira,  presentaron esta mañán a VI Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 19 de 5*5m e  3 de 3*3m. 

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos  desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller,  moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes,  bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar  e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será  gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para  poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do  retraemento do consumo. 

O acto de inauguración, terá lugar o venres día 2 ás 13hrs. Ao citado acto, asistirán a  alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo e a presidenta do CCA Estrela de  Marín, Dª Catalina Conde, ademais doutras autoridades locais. 

Os establecementos participantes, todos eles de Marín, son: A Mi Love, Acolá, Alma  Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-B-re  Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Niky Complementos, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración,  Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica. Queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta VI Edición de  Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custos do control e  vixianza do evento. O evento ademáis, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Comparte este artigo