A sociedade mosense crucifica ó machismo e homenaxea ás vítimas do que vai deste ano 2024
O Concello de Mos levou a cabo esta tarde, en conmemoración do 25N, unha homenaxe ás 42 vítimas de violencia que perderon a vida a mans das súas parellas ou ex parellas (as últimas onte e hoxe mesmo) e ás 11 crianzas vítimas da violencia vicaria. Homenaxe organizada e coordinada desde o CIM, Centro de Información á Muller de Mos.
Tivo lugar ás 17:30h na rotonda das Angustias, parroquia de Sanguiñeda, onde 42 cruces simbolizaron a estas 42 mulleres vítimas que van no que levamos de ano, máis outras 11 símbolo das 11 vítimas de violencia vicaria. E de seguido, ás 19:00h, no Pazo de Mos, levouse a cabo o Pleno Ordinario mensual, no que se realizou outro manifesto de repulsa e acompañamento a dor das familias, consistente nunha performance a cargo da artista Alicia García, e na lectura por parte dos cativos, Martina Calviño e Adrián Veloso, alumnos do CEIP de Petelos.
No texto que procederon a ler Martina e Adrián destacaron a importancia da protección da infancia por parte das institucións, vencellada á loita contra conductas violentas e machistas. Así como a prevención da violencia en todas as súas manifestacións e a loita contra os estereotipos de xénero, e que toda a sociedade se una e non cese no empeño de continuar loitando cara á igualdade.
Previamente, no acto celebrado nas Angustias, Sanguiñeda, a Xurídica do CIM de Mos, Ana María Rodríguez Cabaleiro, fixo lectura dun manifesto, e a moza mosense estudiante do IES de Mos e membro do grupo de igualdade, así como voluntaria do punto Lila do Concello, Melani Lemos, estreou a canción da súa autoría, “Lentes Violetas”. Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Igualdade, Leo Costas, apuntaron que “neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, queremos ‘crucificar’ (tal e como se expresa no deseño do cartel deste ano) a violencia machista en todas as súas manifestacións: física, económica, psicolóxica, vicaria e dixital que sofren as mulleres, e seguir traballando, en colectividade cos centros educativos, as familias, as entidades sociais, na construción dun presente e dun futuro no que ningunha muller sexa vítima de violencia, un compromiso activo de todos para por fin as actitudes que levan consigo a violencia”, declararon os representantes municipais, Arévalo e Costas.
Arévalo, rexedora local mosense, destacou neste senso que “un ano máis congregámonos neste 25N co fin último de erradicar, denunciar e loitar contra a violencia de xénero. E nesta ocasión unímonos coa idea concreta, co lema, de ‘CRUCIFICAR’ á violencia machista. Con estas cruces queremos simbolizar hoxe o sufrimento das vítimas. A súa dor silenciosa. 40 mulleres vítimas asasinadas este ano. E 11 menores mortos a mans da violencia vicaria. Unhas cifras que non podemos ocultar nin silenciar. Xa que o noso silencio non as protexerá, pero a nosa repulsa, a nosa denuncia o noso berro de “basta xa”… de “nin unha menos” sí pode salvalas. Por iso facemos un chamamento para que se denuncien: todas as formas de violencia contra as mulleres. Non pode haber máis silencios cómplices. Xa é tempo de que a vergoña, que ata agora recaía sobre as vítimas que sofren a violencia, cambie de bando e recaia sobre os agresores”.
Por iso esta tarde en Mos reafirmouse o compromiso para poñer fin á violencia contra as mulleres, sendo un obxectivo irrenunciable e prioritario. Para transformar as estruturas que seguen a manter o machismo e a desigualdade, loitar contra os discursos e accións negacionistas, seguir a promover avances na loita contra a violencia machista e a protección das vítimas, incidindo na prevención e máis coordinación entre as administracións, para que as mulleres vítimas reciban a atención e apoio integral, especializado e que cubra todas as súas necesidades.
A alcaldesa concluiu a súa intervención insistindo en que “só co compromiso activo de todos e todas poderemos erradicar esta grave problemática que desde 2003 se cobrou a vida en España de máis de 1.279 mujeres. Case 1.300 mulleres que foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. Unha cifra escalofriante que hoxe visibilizamos para poder revertila, para darlle un xiro de 180 graos que só poderá ser posible co esforzo conxunto por unha sociedade máis xusta, libre de violencia e verdadeiramente igualitaria”.