Home O Morrazo Cangas Victoria Portas comproba as melloras da escola infantil A Choupana.

Victoria Portas comproba as melloras da escola infantil A Choupana.

- Anuncio -

A alcaldesa Portas conseguiu un acordo con Perfecto Rodríguez para investir case 50.000 euros en melloras no centro.

A alcaldesa Victoria portas pasouse polas instalacións da Escola Infantil A Choupana, para comprobar como quedaran as reformas acometidas no período vacacional por preto dun importe de 50.000 euros.

Na visita puido comprobar como locen estas melloras que á vez eran moi necesarias e que o centro levaba solicitando longo tempo, como foron a apertura de WC a dúas zonas, /aula-comedora), a instalación dun moble feito a medida para cambiador e bañeira, dotáronse de novos lavamáns e aseos específicos para garderías, pintouse e azulexouse para dar cumprimento á nova normativa, abriuse unha nova xanela para poder observar aos nenos mentres están no baño, instaláronse novas portas, renovouse a instalación de fontanería, modificouse o sistema eléctrico, púxose un novo chan de tarima, por suposto pintáronse as humidades do teito da zona central etc… pero Vitoria cre que á marxe de que todas as reformas foron moi necesarias a reforma estrela a consistido en lixar e pintar a estrutura exterior, eliminando piares metálicos que dificultaban o acceso e ampliando a cuberta exterior para que os nenos e nenas poidan gozar do patio, aínda que o tempo non sexa o máis adecuado como é habitual, sen ter que mollarse.

Portas está a solicitar información das necesidades de todos os centros educativos de Cangas para tentar adecualos e darlles as solucións que estean na súa man, como fixo en está ocasión, no que Portas recalca o gran apoio que recibiu por parte de Perfecto Rodríguez (Xerente Consorcio Galego de Servizos Saciades e Igualdade), que tamén visitou o centro para comprobar como se estaban realizando os traballos, xa que isto foi posible, segundo afirma a alcaldesa ao acordo alcanzado co xerente e agradécelle o seu compromiso con Cangas.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas