Home Pontevedra Caldas Vidal Seage optará á reelección á Alcaldía de Pontecesures

Vidal Seage optará á reelección á Alcaldía de Pontecesures

- Anuncio -

• O candidato amósase máis ilusionado que o primeiro día “porque estamos conseguindo grandes cousas para o noso concello”.


• Luis López: “cando o PP colle os gobernos faino ben, e mostra disto é todo o traballo feito polo alcalde e o seu equipo nestes anos. O seu liderazgo está consolidado, está facendo as cousas cunha xestión seria e rigorosa. Ese é o camiño para obter os mellores resultados en maio”.

Juan Manuel Vidal Seage optará á reelección á alcaldía do Concello de Pontecesures nas eleccións municipais de maio. Así o confirmou esta mañá o candidato, diante de representantes da xunta local do partido, do presidente provincial, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

Vidal Seage agradece todo o apoio e a confianza dos seus compañeiros e dos veciños de Pontecesures, e amosouse “máis ilusión incluso que o primeiro día”, porque di, “estamos conseguindo grandes cousas para Pontecesures. Temos en marcha un proxecto de concello que se está notando, que é coñecido e compartido cos veciños, no que se aposta por servizos esenciais de calidade e por potenciar os nosos recursos, por atraer emprego e fixar poboación, e agora non se pode deter. Debemos darlle continuidade”.

Pola súa parte, o presidente provincial Luis López sinalou que “cando o PP colle os gobernos faino ben, e mostra disto é todo o traballo feito polo alcalde e o seu equipo nestes anos. O seu liderazgo está consolidado, está facendo as cousas moi ben, cunha xestión seria e rigorosa. Ese é o camiño para obter os mellores resultados en maio”.

Asemade, recordou que a política local é fundamental para mellorar a calidade de vida dos veciños e para transformar todo un pobo. “Juan Manuel e o seu equipo encarnan ese modelo de xestión e de relación entre un alcalde e os seus veciños. Unha xestión baseada na atención, na colaboración, no diálogo, no entendemento e na procura do interese xeral”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas