HomeVigoBaiona“A formiga na barriga”: un contacontos para o público máis cativo na...

“A formiga na barriga”: un contacontos para o público máis cativo na Biblioteca Municipal de Baiona

- Anuncio -spot_img

O mércores 5 de outubro, ás 18:00 h. a Biblioteca P.M. de Baiona acollerá un contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Contaremos cunha narradora excepcional , Charo Pita, para achegarnos unha historia co “cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz” que se titula“A formiga na barriga”.
Rimas, historias, xogos e cancións con vitamina I de imaxinativas para ir coñecendo o corpo e toda a fauna que nos arrodea.
Para participar deberedes inscribirvos na biblioteca, as prazas son limitadas, e cada neno/a debe de estar acompañado dun adulto durante o contacontos.

– Tlf: 986 35 59 43
A actividade é de balde
Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Baiona.

Publicacións Relacionadas