Home Vigo Baiona Baiona premio Quality Coast Gold Award

Baiona premio Quality Coast Gold Award

- Anuncio -

Baiona recibe novamente o premio Qualtiy Coast Gold Award que recoñece o seu labor en prol da xestión sostible do municipio.
Este recoñecemento, por parte da asociación internacional Green Destinations, deriva da valoración en máis de 100 criterios relacionados coa xestión, a natureza e paisaxe, o medioambiente e clima, a cultura e a tradición, o benestar social, os negocios e a comunicación e a xestión turística sostible.
Tras unha auditoría en liña documental, recibiuse unha auditoría in situ na que levaron a cabo diversas entrevistas con técnicas municipais, responsables da lonxa ou do Monte Real Club de Iates, entre outros, ademais de visitas a diferentes recursos patrimoniais e naturais e tamén coñeceron de primeira man iniciativas da parte privada.
A puntuación outorgada está moi preto de chegar a unha categoría superior, que sería a categoría platino.
No informe final valórase moi positivamente a xestión turística orientada á procura da desestacionalización e a sustentabilidade turística en toda a cadea de valor, a protección da paisaxe e a natureza e a posta en valor do patrimonio cultural e tradicional e a aposta pola implantación de plans de calidade turística.
Neste informe tamén se detectan as áreas que consideran con máis marxe de mellora como, por exemplo, aspectos relacionados co consumo de enerxía, as enerxías renovables, os gases de efecto invernadoiro, o estudo das emisións de carbono e, en xeral, aspectos relacionados co cambio climático.

Este distintivo recoñece o nivel de cumprimento (avaliado por auditores independentes) da Norma de Destinos Verdes, recoñecida polo GSTC (Consello Global de Turismo Sostible). As auditorías deben realizarse cada dous anos, cunha auditoría de seguimento por medio, e dan como resultado a designación de Bronce, Prata, Ouro ou Platino. Os premios QualityCoast están especialmente deseñados para destinos costeiros nos que, ademais, valórase a sustentabilidade con respecto ao mar, a costa e a calidade das praias.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela” onde, ademais, asistiu...

Arredor de 140 persoas participaron na primeira edición do Campionato de cartas “Cidade de...

0
Os xogos estrela da competición foron: a brisca, na que se anotou o 37,41% dos inscritos e a brisca, que agrupou ao 30,21% A xogadora...

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas marxes da...

0
― Ademais, proseguirase con estas tarefas noutras 7 vías autonómicas, no seus percorridos polos municipios de Crecente, Moaña, Cangas, Teo, Narón, San Sadurniño, O...

Domínguez esixe que se termine o paseo peonil entre Pontevedra e Marín

0
• O pacto de investidura de Pedro Sánchez incluía desbloquear a segunda fase das obras, pero “o PSOE desdeñou o proxecto coa complicidade absoluta...

A Deputación destina 525.000 euros para 51 clubs deportivos de Vigo e do sur...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.000 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de Pontevedra que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.000 e 30.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e...

Publicacións Relacionadas