HomeVigoBaionaDa comezo a Semana Verde en Baiona

Da comezo a Semana Verde en Baiona

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona inicia a Semana Verde, unha iniciativa anual que permite a 50 nenos e nenas da nosa vila gozar da nosa fermosa contorna natural. Durante esta semana, os pequenos participantes aloxaranse en cabanas e bungalós no Cámping Bayona Praia, gozando dunha estancia chea de aventuras e aprendizaxe.

Este ano, a Semana Verde trae varias novidades, entre elas, os nenos poderán gozar dunha zona acuática renovada, perfecta para refrescarse e divertirse en contacto coa natureza. Ademais, realizarán unha saída didáctica para visitar os petróglifos, unha oportunidade única para aprender sobre a historia e cultura da nosa rexión.

Desde o Concello de Baiona seguiremos realizando estas actividades para ofrecer unha experiencia educativa e recreativa, promovendo o respecto pola nosa contorna natural, fomentando o interese polo noso patrimonio cultural e realizando un labor de conciliación coas familias e os seus fillos.

Publicacións Relacionadas