HomeVigoMosMáis de 4.000 mozos e mozas danse cita na 4ª edición do...

Máis de 4.000 mozos e mozas danse cita na 4ª edición do Festival Camiño da Rosa en Mos

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos celebra o rotundo éxito da cuarta edición do Festival Camiño da Rosa, que tivo lugar este pasado mércores nas inmediacións do Pazo de Mos e que reuniu a máis de 4.000 asistentes nunha noite inesquecible para a mocidade e para todo o municipio.

A pesar do retraso provocado pola choiva, que obrigou a comezar ás 21.30h, o festival desenvolveuse cun gran ambiente e sen incidencias, cun cartel de artistas que fixeron vibrar ao público durante toda a noite. A DJ Olalla González abriu a xornada musical, seguida das actuacións de Keva, DMIRON, ALVAMA ICE, Arnny Montana e Groove Amigos, que puxeron o broche final pasadas ás  04:00 h da madrugada.

Este evento foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e contou coa presenza da alcaldesa Nidia Arévalo, da concelleira de xuventude Julia Loureiro, membros do goberno local, e tamén da Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, quen quixo acompañar á mocidade mosense nesta cita xa consolidada dentro da programación cultural do concello.

O Concello de Mos quere expresar o seu especial agradecemento á Fundación Pazo de Mos, que colaborou activamente para que o festival puidese celebrarse na explanada deste emblemático espazo, contribuíndo así á posta en valor do patrimonio local.

Un ano máis, o Festival Camiño da Rosa demostra ser unha cita indispensable que combina música, mocidade e cultura urbana no corazón de Mos.

Publicacións Relacionadas