107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das redes sociais
A formación, que se desenvolve durante as xornadas de hoxe e o vindeiro 18 de febreiro, consiste en obradoiros organizados e promovidos dentro do programa de actividades en horario lectivo que cada curso se lles oferta aos centros educativos mosenses dende a concellería de Educación do Concello de Mos
Esta mañá celebrouse no Instituto mosense a primeira sesión dos obradoiros titulados ‘Saúde mental – Impacto das redes sociais’ dirixidos aos 107 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES de Mos e organizados pola concellería de Educación dentro do programa municipal de actividades educativas en horario lectivo. Estes obradoidos impártense durante dúas xornadas, unha hoxe e outra o vindeiro día 18 de febreiro.
Tal e como se explica desde o departamento de Educación, este taller busca ofrecer un espazo seguro para que o alumnado poida falar abertamente das súas vivencias dixitais, identificando emocións e rompendo estigmas arredor da saúde mental. Traballar estas experiencias desde a reflexión crítica e a conciencia emocional é clave para acompañar á rapazada a desenvolver unha relación máis saudable co mundo dixital.
A metodoloxía empregada aposta polo aprendizaxe vivencial, fomentando a participación activa e a libre expresión das súas ideas, mesmo cando estas poidan estar erradas. Partir destas crenzas iniciais, que moitas veces son asumidas sen cuestionamento, permite romper mitos e abrir camiños cara a unha reflexión máis crítica.
A posta en común final facilita un diálogo aberto onde compartir experiencias, identificar conflitos internos e grupais. Esta intervención pretende, en última instancia, ofrecer ao alumnado recursos para navegar as redes sociais de xeito consciente, saudable e equilibrado.
A actividade impártea a profesional Paula Santos, Educadora Social que leva máis dunha década traballando con menores no ámbito socieducativo.
A finalidade principal é promover a reflexión crítica sobre o impacto das redes sociais na saúde mental do alumnado adolescente, xerando un espazo seguro onde identificar emocións, derrubar estigmas e mellorar a conciencia emocional fronte ao contido dixital. Outros obxectivos da mesma son identificar emocións vinculadas ao uso das redes sociais e ao contido dixital consumido habitualmente, facilitar ferramentas de autoxestión emocional e estratexias para afrontar os posibles efectos negativos derivados do uso das redes sociais; e potenciar a toma de conciencia sobre os efectos emocionais derivados das interaccións dixitais, promovendo unha relación máis consciente e saudable coas redes sociais.
Os conceptos básicos que se abordan nestes obradoiros son o benestar emocional, psicolóxico e social, as redes sociais online e offline, e condutas saudables.
A proposta busca xerar un espazo seguro que invite a falar do que lles pasa, identificar emocións e derribar estigmas en torno a saúde mental. Apostando pola visibilización e reflexión para axudarnos a tomar conciencia dos conflitos internos e grupais.
A metodoloxía está baseada no aprendizaxe vivencial, perseguindo a participación activa do alumnado coa finalidade de que se expoña libremente as súas ideas ainda que poidan estar erradas. É importante partir dende esas crenzas posto que na maioría das veces non son cuestionadas, asúmense e perpetúanse no tempo. Búscase fomentar o pensamento crítico sobre o número de persoas seguidoras e de likes que dependen do algoritmo en función do que consumes a través dunha rede social.