Home Vigo Mos Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

- Anuncio -

–         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense

–         A alcaldesa insiste en que defenderá sempre os intereses de Mos por riba de todo

Anuncia que o Concello presentará alegacións á nova proposta do proxecto en túnel da autovía Vigo-Porriño, que é notablemente agresiva para o territorio e aumenta gravemente a afección con respecto á anterior solución

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, volta esixir a gratuidade da AP-9 no tramo Puxeiros-Porriño como solución á A-55, posto que a nova proposta do proxecto en túnel é notablemente agresiva para Mos e aumenta considerablemente a afección con respecto á anterior solución en túnel, recollida no PXOM mosense de 2018. Por elo esixe de novo a gratuidade da AP-9 como solución inminentenon lesiva para o territorio, e catro veces máis barata que o novo proxecto plantexado; e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense.

Temos ao lado unha autopista baleira e infrautilizada que sería unha solución inmediata para solventar a problemática da A-55, pero o Goberno Central e o Concello de Vigo se empeñan en querer seguir a machacar a Mos cunha nova infraestrutura que nos afectaría enormemente e que como pronto, non sería realidade ata 2030 (seguramente non o sexa nunca, como o AVE Vigo-Lisboa e tantas outras promesas incumplidas)… polo que durante os seguintes 5 anos seguiría aumentando a cifra de accidentes, falecidos e recadación de multas por radares, na autovía máis perigosa de Galicia e problablemente de España”.

rexedora local mosense manifestouse hoxe alarmada e preocupada ante a nova propostamoito máis agresiva que a recollida no Plan Xeral, xa que aumenta considerablemente a afección na parroquia de Sanguiñeda, destruíndo e paralizando o desarrollo de 5 solos urbanizables, así como tamén afecta a solo urbano consolidado con demolición de naves con actividade económica, abre novas liñas de afección, afecta a máis de 100 vivendas existentes, e incluso implica a expropiación e demolición de varias vivendas, modifica e corta viais municipais estructurantes, e rompe conexións vitais existentes como viaductos e supón múltiples afeccións a augas.

É por elo que Arévalo adiantou xa que o Concello de Mos presentará alegacións a esta proposta, no período dun mes habilitado a tal fin, e “chegaremos ata onde faga falta”, dixo. Tempo este vindeiro mes durante o cal se atenderá á poboación interesada no departamento municipal de Urbanismo para explicarlles o novo trazado, a partir do 8 de xaneiro se convocarán reunións con todas as asociacións do municipio para que coñezan o proxecto, incluso porase a situación en coñecemento da antiga Plataforma de Afectados DefendeMos (que cesara a súa actividade cando, sendo Ana Pastor Ministra, se modificara o trazado co túnel recollido no PXOM de 2018) e convocarase unha Xunta Local de Voceiros para informar do proxecto a todos os grupos da Corporación Municipal e buscar unha estratexia común ante esta situación.

Rematou Nidia Arévalo lamentando que “nin o Ministerio nin o alcalde de Vigo pensen no que este proxecto suporá non só para Mos, senón para todo o territorio ao que afecta, en xeral. Se Abel Caballero soubera como destrozará este proxecto ao seu municipio non o defendería nin apostaría por el. Ademais falan de trazado máis adecuado e que mellor conectividade ofrece entre Vigo e Porriño, pero que pasa con Mos? Volve atropelarnos e ningunearnos. Fala o señor Caballero de que nesta proposta establecéronse medidas para protexer o entorno e alude ao Río Eifonso, en Vigo, pero repito… que pasa con Mos? A nós este proxecto non nos protexe senón todo o contrario: destrúenos, e ao resto do territorio tamén”, sentenciou a alcaldesa.

alcaldesa acusa con rotundidade de “atropelo histórico do PSOE a Mos, en xeral e sobre todo no que respecta a esta infaestrutura viaria en particular. Primeiro foron a ex alcaldesa socialista María Jesús Escudero e o presidente autonómico Touriño, xunto con Zapatero, logo un Goberno Central popular con Ana Pastor como Ministra de Fomento deulle solución ao problema, e agora Sánchez favorece de novo o destrozo, do territorio en xeral e da nosa localidade en particular, con esta autovía; pero aquí me atoparon, me atopan e me atoparán sempre de frente, para defender a Mos e aos seus intereses por riba de todo, para loitar por Mos e por todo o territorio afectado”, insistiu Arévalo.

Quen concluiu dicindo que “agora o Ministerio de Transportes recoñece que a seguridade e calidade da A-55 son moi deficientes, que é un vial de carácter inaceptable, que non é competitiva… pero non dicían o mesmo todos estes anos atrás que sí o diciamos dende Mos, reclamando que se lle fixese unha mellora integral e que liberalizasen a AP-9 para desviar o tráfico dela cara a autopista… cambia o discursos dependendo dos intereses políticos”, argumentou taxante.

Así Arévalo anunciou contundente a presentación de “alegacións por parte do Concello de Mos e esixiu novamente a gratuidade da peaxe Puxeiros-Mos da AP-9 para poñer fin de xeito inminente aos centos, miles… de sinistros e sancións recadatorias anuais, así como todas as afeccións que lle supoñen á veciñanza mosense e aos condutores que transitan diariamente por ela, as malas condicións da A-55”.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Da tradición á innovación coa carpintaría Joyla da man da Medida Leader

0
A presidenta de Galicia Suroeste e o alcalde do Porriño visitaron a empresa tras asobras de modernización e equipamento subvencionadas con fondos europeos Unha axuda...

Publicacións Relacionadas