HomeVigoMosPreséntase no Pleno do Concello de Mos o proxecto definitivo do Galicia...

Preséntase no Pleno do Concello de Mos o proxecto definitivo do Galicia Sports 360º do RC Celta, que comezará a materializarse de xeito inminente

- Anuncio -spot_img

O Director de Infraestructuras e Relacións Institucionais do RC Celta, Carlos Cao Pérez, aportou os detalles das novas dotacións deportivas celestes, cuxas obras de construción iniciaranse en breve, tras a aprobación por parte da Xunta do Proxecto de Interese Autonómico

O Director de Infraestructuras e Relacións Institucionais do RC Celta, Carlos Cao Pérez, presentou ao remate do Pleno Ordinario do Concello de Mos, no apartado de Resolucións e Comunicacións, o novo proxecto do clube celeste, o Galicia Sports 360º, que dará continuidade á Cidade Deportiva Afouteza.

Dáse a coñecer en detalle a nova dotación deportiva, de investigación, innovación e formación, xa que agora, de xeito inminente, a Xunta de Galicia aprobará o Proxecto de Interese Autonómico do Galicia Sports 360º de Interese Autonómico, para logo iniciar xa as obras.

Este proxecto vén precedido dunha serie de trámites administrativos que se iniciaron no ano 2022, que é cando o Real Club Celta de Vigo presenta solicitude de declaración de interese autonómico para Galica Sports 360º, que ese mismo ano é declarado de interese autonómico polo Consello da Xunta de Galicia. En mayo de 2023 resolveuse a avaliación ambiental e en xullo de 2023 acordouse aprobar inicialmente o proxecto.

Trátase dun proxecto que suporá unha inversión de 110 millóns de euros e co que se actuará nunha duperficie de 242.168 m2. Incluirá a xa existente Cidade Deportiva Afouteza e, a maiores, Universidade do Deporte, Colexio internacional, Centro de alto rendemento médico, Centro demostrador e tecnolóxico, Centro de eventos e conferencias, Miniestadio, Residencia e hotel.

A singularidade deste PIA é o máximo respeto e integración co territorio de Mos como sempre se defendeu dende o Concello. Neste senso a alcaldesa de Mos declarou hoxe durante o Pleno que “todos os concellos de Galicia estarían orgullosos de acoller este proxecto de interese autonómico de carácter dotacional deportivo e de total respeto ao medio ambiente”.

Nidia Arévalo puntualizou que “aínda con todos os recursos, reclamacións e demandas interpostas, ao final o tempo dá a razón ao Concello conseguindo un proxecto final de consenso e de respeto a toda a veciñanza, con todos os informes favorables e con todas as denuncias arquivadas”. E insistiu Arévalo en que “o Galicia Sports 360º é un proxecto referente mundial que situará a Mos ao nivel de París, Berlín e Londres e que será Subsede do Mundial 2030”.

Deste xeito a rexedora local mosense declaraba que “Mos se atopa hoxe de noraboa”. Nidia Arévalo, destacou “a gran transformación e o ‘boom’ en materia de novas dotacións e equipamentos que vai supoñer esta nova infraestrutura deportiva estratéxica e referente internacional”.

O Galicia Sports 360º contará tamén con servizos de restauración, e como xa se dixo, hotel para diferentes programas deportivos desenvoltos no complexo. Ademais o proxecto inclúe áreas de aparcamento e espazos libres naturais.

Publicacións Relacionadas