Home Pontevedra Obradoiros para a rapazada impulsados por AGASOL, AMTEGA e o Concello de...

Obradoiros para a rapazada impulsados por AGASOL, AMTEGA e o Concello de Redondela na aula CEMIT de Chapela

- Anuncio -

Os vindeiros días 1 e 2 de outubro impartiranse na Aula CeMIT de Chapela (sita en Rua Manuel Rodriguez Casal nº3, 36320, Chapela – Redondela) uns obradoiros para a rapazada entre 8 e 15 anos con contidos adaptados a cada franxa de idade, promovidos pola Asociación de Software Libre Agasol e que contan coa colaboración da Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros.

Faranse dous grupos por idades cada día: De 8 a 11 anos, e de 12 a 15 anos, e as temáticas a impartir serán adaptadas en cada caso ao entendemento de cada franxa de idade.

O monitorado adapta os contidos ás características de cada grupo, introducindo cuestións como igualdade, sentido crítico ante a tecnoloxía ou o seu uso de xeito creativo, máis aló do mero consumo, a colaboración e o traballo en equipo, así como a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

Os contidos propostos para estes catro Obradoiros que se ofrecen dende o Concello de Redondela son:
Tarxeta micro:bit: para aprender a programar de xeito fácil e divertido
Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial
Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
Circuitos en papel: crearemos un circuíto eléctrico co obxectivo de facer billar un LED nun papel ou tela, tamén podemos incluír diferentes sensores e actuadores e facer cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva…
Dentro desas datas e horarios, créanse os grupos habendo 12 prazas dispoñibles por día e por grupo:
venres 1 de outubro de 16.00 h a 17.30 h para rapazada de 8 a 11 anos
venres 1 de outubro de 18.00 h a 19.30 h para rapazada de 12 a 15 anos
sábado 2 de outubro de 10.30 h a 12.00 h para rapazada de 8 a 11 anos
sábado 2 de outubro de 12.30 h a 14.00 h para rapazada de 12 a 15 anos
As matrículas faranse cunha instancia xeral nos rexistros habilitados (Presenciais en Redondela e Chapela, e telemático na sede electrónica: redondela.sedelectronica.gal) e se adxudicarán as prazas por orde de entrada das mesmas. Deberá indicarse os datos do/a menor, incluíndo a idade e os datos de contacto do pai/nai/tutor, e o día que lle interesa participar. Os obradoiros son totalmente de balde.

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade, procurando un modelo de sociedade do coñocemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas infromáticos e facer públicos e accesibles ese progresos.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas