Home Pontevedra Redondela inicia unha campaña de fomento da compostaxe doméstica

Redondela inicia unha campaña de fomento da compostaxe doméstica

- Anuncio -

A iniciativa desenvolvida pola Concellería de Medio Ambiente busca informar sobre a importancia deste sistema máis económico e ecolóxico que os tratamentos tradicionais de lixo

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Alberto Álvarez, vén de anunciar o inicio dunha campaña de sensibilización sobre a compostaxe de cara a concienciar á cidadanía da problemática dos residuos sólidos urbanos e da importancia que ten a compostaxe, non só para obter abono orgánico de alta calidade, senón como alternativa necesaria aos tratamentos actuais ao ser máis económico e ecolóxico.

“É preciso acadar un cambio de actitude e tamén de responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos e, nese obxectivo, a utilización dos composteiros individuais e comunitarios é un compromiso persoal de cada veciña e veciño en mellorar o noso medioambiente”, asegura Alberto Álvarez.

Xornadas de información e preinscricións
Como primeira medida, o Concello desenvolverá unha campaña informativa na que, nunha carpa situada en lugares estratéxicos pola súa afluencia de público, darase a coñecer ás veciñas e veciños interesados, as vantaxes da compostaxe, os residuos que se poden utilizar, o xeito de obter compost e os beneficios do mesmo como abono orgánico.

As persoas interesadas en recibir un composteiro doméstico deberán encher un formulario para, en días posteriores, proceder a súa entrega.

A carpa informativa, nesta vindeira semana, quedará situada nos seguintes emprazamentos en horario de 9:30 h a 14 h:
Luns 27 de setembro. Centro de Saúde de Chapela.
Martes 28 de setembro. Alameda Rosalía de Castro de Chapela.
Xoves 30 de setembro. Mercado de Abastos de Redondela.
Charlas informativas e adxudicación de composteiros
Amais das xornadas de información, o Concello desenvolverá charlas informativas nas distintas parroquias –todas elas ás 20 horas– segundo seguinte calendario:
Mércores 29 de setembro. Centro Cultural de Cabeiro
Xoves 30 de setembro. Centro Cultural Miñoteira. San Martiño
Venres 1 de outubro. Centro Cultural Saramagoso. O Viso.
As charlas informativas, logo das que se desenvolvan nesta primeira semana, percorrerán todas e cada unha das parroquias de Redondela en horarios e lugares que se darán a coñecer oportunamente.

A alcaldesa Digna Rivas salientou a importancia desta campaña de fomento da compostaxe desenvolvida dende a Concellería de Medio Ambiente “ao constituír unha ferramenta de extraordinaria importancia na xestión dos residuos orgánicos”.

Rivas lembrou que está comprobado que a compostaxe “reduce a cantidade de materia orgánica e, polo tanto, reduce os custes de transporte dos residuos cos conseguintes beneficios para a cidadanía”. Ao mesmo tempo, apuntou a rexedora local “a retención de auga do compost, aforra auga de rego e aporta os nutrientes para o desenvolvemento das plantas de forma natural”.

Con esta campaña, remata a alcaldesa, “o Goberno local reafírmase na súa aposta polo medio ambiente e por todas aquelas iniciativas que poidan propiciar a mellora do noso entorno natural”.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas