Home Pontevedra As socialistas analizan os 100 días de alcaldía socialista

As socialistas analizan os 100 días de alcaldía socialista

- Anuncio -

O pasado 15 de xuño, Verónica Tourón accedía á alcaldía de Salceda de Caselas, converténdose na primeira alcaldesa socialista da nosa localidade, despois do acordo alcanzado nas pasadas eleccións municipais. A executiva socialista fai un repaso
deste feito pasados os 100 primeiros días.

A chegada á alcaldía de Verónica Tourón, foi froito do traballo realizado nos últimos anos, por Grupo Municipal Socialista na defensa da veciñanza ”e nesa liña continuaremos gobernando”.

A infancia e a mocidade é fundamental na liña de traballo, por ese motivo existe por primeira vez una concellería de infancia e céntrase o traballo na busca de máis facilidades para as e os estudantes, así como na promoción de actividades de lecer e apoio ás familias. O crecemento da poboación infantil e moza fixeron que as instalacións non sexan suficientes tampouco no eido deportivo, para paliar esta deficiencia, ademáis de inversión búscanse convenios con outras entidades e concellos.

O rural e o medio ambiente e outro dos eixos de actuación para mellorar a calidade de vida da veciñanza. A recollida selectiva de residuos e mantemento das zonas rurais foi un dos primeiros focos de atención, así como a mellora do rural e o saneamento, na medida das posibilidades orzamentarias.

No que se refire o emprego, a nosa alcaldesa aposta pola formación como mellor xeito de mellora da empregabilidade e aumentar asi as oportunidades das persoas desempregadas, o Obradoiro de Emprego Sustentable ou o próximo Plan de Formación Municipal así como a mellora das instalacións do CDL son exemplos claros que definen as prioridades. A aposta polo comercio e hostelería é outra das vías elixidas pola alcaldesa para a dinamización da vila e a creación de emprego. Nos últimos días presentouse a marca comercial e as axudas directas ás pemes, comercio e hostelería.

A voz da veciñanza, conseguir que o goberno municipal sexa a caixa de resonancia das necesidades forma parte tamén da planificación da nova alcaldía e a primeira xuntanza de organización do Consello Veciñal xa tivo lugar fai uns días.

En infraestruturas as liñas están claras: continuamos centrándonos no aproveitamento dos recursos existentes a través do Plan de posta en valor das edificacións municipais como os proxectos de rehabilitación do Centro Social ADevesa, piscinas municipais e recuperación de aulas ou casas do mestre nas parroquias, podendo poner así en marcha novos servizos. Así como a mellora de estradas e camiños municipais no rural e neste sentido xa mantivo xuntanzas tamén con otras administracións para a procura de financiación e de mellora doutros viais.

Un dos puntos máis importantes é o Plan Xeral, para mellorar a calidade de vida (infraestructuras, servizos públicos, etc.). As socialistas son conscientes da imposibilidade de aprobar un PXOM nunha soa lexislatura pero están a centrarse na planificación dos traballos de actualización da planimetría e cartografía e ir avanzando na súa posta en marcha. Esta será a oportunidade para ter una vil amáis moderna, sostible e amable coas persoas.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas