Home Pontevedra Salceda estrea Marca Comercial

Salceda estrea Marca Comercial

- Anuncio -

O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda a través dunha subvención da liña 2 do Plan concellos da Deputación de Pontevedra de 11.744,49 euros.

A concellería de comercio dirixida pola alcaldesa, Verónica Tourón, ven de presentar hoxe a Marca Comercial que aglutinará o tecido económico da vila, e que forma parte do proxecto de dinamización da actividade local no que traballa o concello. Na presentación estivo acompañada da tenente de alcaldesa Loli Castiñeira, representantes de ACISA e da Praza de Abastos.

Trátase dunha iniciativa que impulsa o concello e que conta coa colaboración das Asociacións de Comerciantes da vila e das praceiras/os. Buscan fomentar o consumo local, para reiniciar a vida social e económica de Salceda, despois das consecuencias da pandemia.

“ConSalceda” ten como finalidade converterse nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería, o mercado municipal e a Praza de Abastos. Unha marca comercial que identifica Salceda a través de valores implícitos valores como o de traballar conxuntamente para por en valor “o noso”.

Tendo en conta que o comercio e a hostalaría son a principal fonte dinamizadora e económica dun pobo, dende o concello creen que a administración debe apostar por proxectos de apoio a estes sectores, como medida de reactivación económica. A iniciativa terá visibilidade a través de redes sociais, publicidade en medios, organización de actividades de dinamización e outras accións que se irán poñendo en marcha ao longo dos próximos meses.

Verónica Tourón, explica que “o proxecto #ConSalceda busca que unamos as forzas para reactivar o comercio de proximidade, pequenos negocios, tendas e hostalería e forma parte dun obxectivo máis amplo que é facer de Salceda un pobo cun atractivo comercial importante. Axudar ao comercio é axudarnos a nós, a toda a veciñanza”

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas