Home Pontevedra Soutomaior completará en 2025 a reforma do campo de fútbol municipal Graciano...

Soutomaior completará en 2025 a reforma do campo de fútbol municipal Graciano Padín

- Anuncio -

A actuación, para a que o Goberno de Soutomaior ten previsto un investimento de máis de 120.000 euros, contempla o arranxo do peche exterior do campo, o cambio das redes protectoras e a renovación do actual sistema de rego.

O Goberno de Soutomaior xa ten sobre a mesa o proxecto para reformar por completo o peche exterior do campo de fútbol municipal Graciano Padín, subsanando as numerosas eivas e desperfectos que o muro principal ten desde hai anos e dotándoo dunha estrutura integrada co resto do peche exterior. O proxecto, que terá un investimento de máis de 100.000 euros, tamén contempla o cambio das redes protectoras detrás de ambas as dúas porterías do campo e a renovación do actual sistema de rego.

Con esta actuación o Goberno de Soutomaior avanza na segunda fase do arranxo do campo Graciano Padín, despois de investir en 2024 case 60.000 euros no arranxo do acceso principal ao recinto deportivo e en varias instalacións e 20.000 euros máis para a instalación dun sistema de aerotermia nos vestiarios.

 O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “nos dous primeiros anos de mandato, entre os investimentos xa realizados e esta nova actuación, destinaremos arredor de 200.000 euros a reformar o campo Graciano Padín. Grazas a este importante esforzo do Goberno de Soutomaior, o campo deixará de estar no século pasado e pasará a ser un recinto deportivo do século XXI, poñéndose á altura doutras instalacións deportivas municipais nas que tamén se están a realizar importantes actuacións”.

Así, o alcalde Manu Lourenzo sinalou que o campo Graciano Padín é empregado cada semana por máis de 200 rapaces e rapazas do noso concello e polas súas familias, que merecen unhas instalacións deportivas á altura. Ademais, cada fin de semana decenas de persoas entre xogadores/-as e seareiros doutras zonas da provincia e do País chegan ao Graciano Padín. É por iso que no Goberno estamos a realizar un gran esforzo para que o campo sexa o vivo exemplo da transformación que estamos a realizar no concello”.

Neste sentido, Lourenzo subliñou que “estamos a realizar máis investimentos ca nunca na historia da parroquia de Soutomaior. A praza na carreira de bolos da Pedreira, os asfaltados nos diferentes barrios, os proxectos para unha praza na Casa do Concello e a reurbanización e mellora do Val-Sobral… a iso hai que sumarlle os proxectos nos que o Goberno de Soutomaior está traballando para todos os barrios do concello. Esta é a transformación rural e urbana que o noso concello necesitaba e que estamos levando a cabo, sin aforrar esforzos e co claro compromiso de mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, concluíu o alcalde de Soutomaior.  

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Publicacións Relacionadas