Home Pontevedra A Cabalgata de Reis de Soutomaior manterase para o domingo pola tarde...

A Cabalgata de Reis de Soutomaior manterase para o domingo pola tarde tendo sempre presente a previsión metereolóxica

- Anuncio -

• O alcalde, Manu Lourenzo, está en permanente comunicación coas Súas Maxestades e con Meteogalicia de tal xeito que o concello manterá a cabalgata para o domingo, 5 de xaneiro ás 18:30h., unha hora na que todo parece indicar que hai unha leve melloría do tempo e na que xa non estaría vixente a alerta amarela.


• Con todo, o alcalde, ten claro que seguirán moi pendentes da previsión meteorolóxica para a xornada do domingo e que sempre a prioridade será a seguridade cidadá. Por esta razón se o tempo empeora ou hai algún tipo de alerta o propio domingo podería haber cambios de ultima hora no percorrido e nas condicións da cabalgata.


• Unha cabalgata que repartirá máis de 300 kilos de caramelos sen gluten e que contará cun percorrido silencioso para as persoas con diversidade funcional (entre o Calvario e o Cruce de Pierres).

A previsión meteolóxica estará moi presente na fin de semana de Soutomaior para o remate do seu Nadal. Así e deste xeito, o alcalde está en permanente contacto coas Súas Maxestades e con MeteoGalicia, todo, co fin de salvagardar a seguridade das pequenas e pequenos e de que todas e todos poidamos desfrutar dunha noite de Reis en seguridade.
Trala reunión mantida nesta mañá coas súas Maxestades e MeteoGalicia no concello decidiron manter a cabalgata para o domingo, xa que o sábado, hai alerta amarela por fortes ventos e o domingo a alerta, rematará, tal e como indican os modelos de previsión, ás 18:00h.
Con esta previsión sobre a mesa o domingo pola mañá o percorrido polos barrios das Súas Maxestades quedará cancelado e centrarase todo en interior con fin de garatir a seguridade de todas e de todos. Deste modo, a Casa da Cultura Rexina Míguez Noval, acollerá de 12:00 a 12:30h. os Contos Reais e de 12:30h. a 14:00h. todas as pequenas e pequenos que o desexen serán recibidos polas Súas Maxestades nesta Casa da Cultura de Soutomaior.
Xa pola tarde, sempre tendo presente a previsión e posibles cambios do percorrido e condicións de ultima hora, a cabalgata sairá ás 18:30h. do cruce do Viso. A hora de saída débese a que, tralo ultimo informe de MeteoGalicia, a alerta amarela rematará ás 18:00h. e a partir desa hora haberá posibilidades de intervalos de choivas.
Este ano Soutomaior contará cunha cabalgata na que as Súas Maxestade Reais virán acompañadas por estrelas, astros e por unha morea de Elfos que desfilarán nun universo de fantasía xunto ás persoaxes, do clásico de Disney, Aladín. Unha Cabalgata durante a que se repartirán máis de 300 kg de caramelos sen gluten.
Durante o percorrido haberá un tramo silencioso, sen música, adaptado para que todas as persoas poidamos desfrutar desta noite máxica, ese percorrido será entre o Calvario e o Cruce de Pierres.
A Cabalgata rematará na Carpa de Nadal en Talo Río con música e coa gran Recepción Real para que as nenas e os nenos poidan conversar cos Reis e facerse fotos coas personaxes do desfile.
Dende o concello queren deixar claro que a seguridade cidadá é o máis importante e a previsión meteorolóxica estará moi presente e poderá variar e condicionar a xornada dominical.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas