- O alcalde, Manu Lourenzo, mantivo esta mañá unha reunión urxente coas Súas Maxestades, e ambos acordaron manter a Cabalgata de Reis para esta tarde con saída ás 18:00h. do Cruce de Pierres.
- Unha cabalgata que repartirá máis de 300 kilos de caramelos sen gluten e que contará cun percorrido silencioso para as persoas con diversidade funcional (o percorrido silencioso será ao comezo, no Cruce de Pierres).
Trala reunión mantida nesta mañá do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, coas súas Maxestades no concello decidiron manter a cabalgata para esta tarde ás 18:00h. con saída dende o Cruce de Pierres e chegada a Talo Río coa recepción Real.
Esta mañá foi a Casa da Cultura Rexina Míguez Noval, de Soutomaior, o escenario onde as Súas Maxestades recibiron as peticións e mensaxes das e dos máis pequenos do concello.
Xa pola tarde, a cabalgata sairá ás 18:00h. do cruce de Pierre con chegada a Talo Río. Houbo un cambio de hora e de percorrido, é un poquiño máis curto, co fin de aproveitar o tempo no que se establece menor probabilidade de choiva. .
Este ano Soutomaior contará cunha cabalgata na que as Súas Maxestade Reais virán acompañadas por estrelas, astros e por unha morea de Elfos que desfilarán nun universo de fantasía xunto ás persoaxes, do clásico de Disney, Aladín. Unha Cabalgata durante a que se repartirán máis de 300 kg de caramelos sen gluten.
Durante o percorrido haberá un tramo silencioso, sen música, adaptado para que todas as persoas poidamos desfrutar desta noite máxica, ese percorrido será dende a saída, no Cruce de Pierres.
A Cabalgata rematará na Carpa de Nadal en Talo Río con música e coa gran Recepción Real para que as nenas e os nenos poidan conversar cos Reis e facerse fotos coas personaxes do desfile.