Home Pontevedra Soutomaior adxudica o 100% das axudas municipais solicitadas para a compra de...

Soutomaior adxudica o 100% das axudas municipais solicitadas para a compra de material escolar este curso

- Anuncio -

O alcalde Manu Lourenzo lembrou que o Goberno de Soutomaior levou a cabo o pasado ano un importante incremento na partida destas axudas para poder atender máis solicitudes e dar unha maior contía a cada unha delas.

O Concello de Soutomaior vén de anunciar que adxudicou o 100% das solicitudes deste curso para as axudas municipais para a adquisición do material escolar necesario para o ano académico, tal como cadernos, material para manualidades, material para escribir… durante o curso académico. O Goberno de Soutomaior colabora de maneira directa con estas axudas en facilitar que todas as familias do noso concello, sexa cal sexa a súa condición, poidan acceder a material escolar para os pequenos e pequenas da casa.
Ao igual que o ano pasado, cando o Goberno de Soutomaior levou a cabo un importante incremento na contía das axudas, o importe por cada alumno ou alumna é de 30 euros no primeiro ciclo de Educación Infantil e 70 euros no segundo ciclo de Educación Infantil, en Educación Primaria e Secundaria e para aquela rapazada do concello de Soutomaior que curse Bacharelato, FP ou FPI.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu o traballo realizado polas funcionarias municipais para que todas as solicitudes de axudas se tramitasen en tempo e forma coa maior celeridade posible.
Neste sentido, o alcalde sinalou que o goberno de Soutomaior “traballa desde o comezo do mandato e seguirá traballando por mellorar o futuro da mocidade do concello. Temos o compromiso de garantir a igualdade de oportunidades na educación, e o goberno de Soutomaior está a facer todo o que estea nas súas mans para que o alumnado de Soutomaior poida exercer o 100% dos seus dereitos educativos”.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas