• O alcalde Luís Taboada e o tenente alcalde Julio López reciron o novo ano celebrando o aniversario dunha veciña centenaria
Non se pode empezar o ano de mellor maneira que celebrando que en Vila de Cruces contamos cunha nova veciña no día de hoxe cumpre 100 anos.
Por este motivo o alcalde Taboada e o tenente de alcalde López desprazáronse no día
de hoxe 1 de xaneiro, para facer entrega dun ramo de flores á nova centenaria de Vila
de Cruces Dona Manuela Arteaga veciña da parroquia de Gres.
Taboada comprobou persoalmente como Manuela atópase animada e contenta nos seu
aniversario numero 100, Luís Taboada é coñecedor que grazas aos nosos maiores Vila
de Cruces é o que é a día de hoxe, debido a que eles foron os que co seu traballo e
esforzo conseguiron sacar adiante ás súas familias e facer deste concello único na
comarca, sobre todo os nosos centenarios e centenarias que tiveron que vivir moitas
penurias en todo un século, como foron varias guerras entre as que se contan unha
Guerra Civil, ademais disto o destino quixo que Dona Manuela nacese no ano 1921
cando xa terminara a famosa pandemia da chamada Gripe Española que finalizou no
ano 1920 deixando millóns de mortos en todo o mundo.
Pero está claro que Dona Manuela é todo unha loitadora e xa pode dicir que tamén aos
seus 100 anos viviu a peor pandemia deste século, e o máis importante é que podamos
celebrar todos xuntos os seus flamantes 100 anos, e comezando a conta atrás para
celebrar o próximo 101.
O tenente alcalde Julio López non quixo perderse este evento e díxonos “nestes
momentos tan complicados que nos está tocando vivir, non hai mellor maneira de
comezar un ano novo que coa celebración dun século de vida dunha das nosas veciñas,
espero e desexo que podamos novamente o ano que vén vir celebrar os 101”