Home Pontevedra Deza Vila de Cruces conmemora o día das Letras Galegas con agasallos ou...

Vila de Cruces conmemora o día das Letras Galegas con agasallos ou tecido empresarial do concello

- Anuncio -

• Fan entrega de bolsas para os comercios e gardamanteis de papel para a hostalería coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán.

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas que terá lugar mañá, na que se lembra a Florentino Delgado Gurriarán, nado na comarca de Valdeorras alá polo 1903, e coñecido polas súas obras, (Bebedeira, Galicia Infinda, Cantarenas, etc…), a concelleira Mireya Otero eo tenente de alcalde Julio López, estiveron repartido polos comercios do concello de Vila de Cruces máis de 1300 unidades de bolsas reutilizables coa imaxe do escritor, e nos establecementos hostaleiros entregaron máis de 500 gardamanteis de papel na que tamén apréciase a imaxe de Florentino Delgado.

Sendo Cruces berce de afamados escritores, un ano máis Vila de Cruces volve a reivindicar aos escritores Galegos que dan nome ao noso pais, e ao mesmo tempo axudan ao comercio local e á hostalería, con estes agasallos o goberno busca chegar a todas e cada unha das casas de todos os veciños e que poidan así compartir e dar a coñecer a este escritor como é Florencio Delgado Gurriarán, Julio López como responsable do departamento de Cultura, agradece a colaboración da Xunta de Galicia na promoción e difusión de todos os grandes escritores que defenderon a nosa lingua, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas