Home Pontevedra Deza Vila de Cruces estrea a súa nova páxina web oficial

Vila de Cruces estrea a súa nova páxina web oficial

- Anuncio -

• A nova páxina web é máis moderna e intuitiva, para que os usuarios teñan unha facilidade de acceso aos seus contidos.

• O Goberno deixa clara a súa posición sobre os eólicos coa instalación de unha pancarta no balcón do concello.

Hoxe o concello de Vila de Cruces puxo en funcionamento a súa nova páxina web oficial
www.viladecruces.es, unha páxina web que nace por problemas coa empresa que creou a antiga e levaba o seu mantemento contratada polo anterior goberno, que deixou unha herdanza de despropósitos, entre a que se atopaba a empresa que xestionaba a páxina web do concello, que despois de varios requirimentos non cedeu os contrasinais e o consistorio viuse obrigado a crear unha nova páxina web.

O grupo de Goberno de Xuntos tomou a decisión da necesidade de crear unha nova páxina web polo anteriormente comunicado, e porque Luís Taboada en aras da transparencia e o bo goberno quería un apartado na mesma que puidese aloxar toda a documentación referente aos tramites realizados en contra dos parques eólicos, e que todos os cruceños e cruceñas poidan estar informados o minuto, nunha primeira opción o rexedor barallaba a posibilidade de habilitar un computador na casa do concello para que todos os que quixesen puideran acceder ao mesmo e revisar a documentación, pero esta opción quedou descartada, xa que os veciños terían que desprazarse ao concello, e só poderían revisalos documentos en horarios de mañá de luns a venres, algo que a Luís Taboada non o acababa de convencer.

En cambio desta maneira a transparencia é total xa que calquera persoa que dispoña dun teléfono móbil ou dun computador con concesión a internet, pódeos ver en calquera momento e en calquera sitio, é máis ao ter que realizar esta nova paxina web, o concelleiro de Cultura e Turismo Julio López quixo que se unifique as tres páxinas que existían anteriormente, nunha única páxina máis intuitiva e de fácil acceso, unha páxina que de momento convivirá coa páxina antiga, pero que en breve cando todos os datos estean xa
envorcados, soamente poderase acceder a esta nova paxina que será máis sinxela e que permitirá realizar moitos trámites administrativos sen ter que desprazarse para iso o concello.

Tamén no día de hoxe pódese comprobar que no balcón do concello loce unha pancarta na que queda claro a posición do goberno con referencia aos parques eólicos que se pretenden instalar no municipio, e por conseguinte tamén ás liñas de alta tensión que o atravesarían. Esta mesma imaxe da pancarta atópase na páxina web www.viladecruces.es que será o botón de ligazón para acceder a toda a documentación.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas