HomePontevedraDezaVila de Cruces saca unha bolsa de traballo para substituír a persoal...

Vila de Cruces saca unha bolsa de traballo para substituír a persoal dá Biblioteca

- Anuncio -spot_img

Taboada asinou no día de hoxe as bases para conseguir unha bolsa laboral para poder substituír ao persoal da biblioteca cando sexa necesario.

O alcalde Luís Taboada asinou no día de hoxe as bases para a promoción dunha bolsa de traballo para substituír ao persoal que nestes momentos está de baixa na Biblioteca Municipal, comezou esta nova bolsa, unha vez que xa esta creada  a bolsa para suplir ao persoal de intervención.

Os usuarios da Biblioteca Municipal, atópanse afectados pola baixa por enfermidade da funcionaria responsable, algo que pode pasarlle a calquera, e que todos os cruceños e cruceñas poden entender, o que pasa é que se está facendo moi difícil o compaxinar o persoal do que se dispón no concello para cubrir o horario da Biblioteca, quedando o servizo orfo e ocasionando unha presión no funcionario, que á parte de estar enfermo/a séntese responsable.

Polo cal Taboada optou por sacar unha bolsa de emprego, como fixo hai uns meses atrás para atender as necesidades de intervención, e agora faio para atender as necesidades da Biblioteca Municipal, e escolleu este momento porque unha vez rematadas as clases a Biblioteca practicamente non se utiliza e é o mellor momento para tramitalo e así cando sexa necesario reactivar a Biblioteca póidase facer ao cento por cen.

Taboada con esta acción quere agradecer o traballo de todos os funcionarios e funcionarias do consistorio, e que non estean preocupados por ter que ausentarse das súas prazas ao estar enfermos, porque nesa situación poderase solicitar ao persoal da bolsa que cubra estas baixas, e os funcionarios que estean de baixa só terán que preocuparse de volver aos seus postos cando estean totalmente recuperados.

Publicacións Relacionadas